Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 200

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 13 de decembro de 1994 pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 1995.

De acordo co disposto no Decreto 20/1994, do 4 de febreiro, polo que se regulan os horarios comerciais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, correspóndelle á Consellería de Industria e Comercio fixar anualmente os domingos e festivos que se considerarán hábiles para os efectos do exercicio da actividade comercial.

En aplicación do artigo 3.2º do mencionado decreto e tendo en conta o interese xeral do comercio

e dos consumidores, procédese á fixación dos domingos e festivos que, para os efectos do exercicio da actividade comercial, terán a condición de hábiles durante o ano 1995.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ó público durante o ano 1995 son:

-8 de xaneiro.

-13 de abril.

-30 de abril.

-2 de xullo.

-3, 8, 17 e 24 de decembro.

Artigo 2.

O disposto no artigo anterior enténdese sen prexuízo das normas xerais que, en materia de horarios comerciais, establece o Decreto 20/1994, de 4 de febreiro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1994.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio