Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 198

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos números 2.455/1994, 2.456/1994, 2.457/1994, 2.458/1994, 2.459/1994, 2.460/1994, 2.461/1994 e 2.462/1994, interpostos, respectivamente, porJesús Ramón Copa Novo, María Antonia Díaz López, Marta Corias López, María Celsa Míguez Noya, Teresa Rodríguez Álvarez, Emérita Labrada Ferreiro, María Jesús Fojón Regueiro e María Estrella López López.

O día 22 de decembro de 1994 a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitiulle á Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, os expedientes administrativos correspondentes ós recursos contencioso-administrativos números 2.455/1994, 2.456/1994, 2.457/1994, 2.458/1994, 2.459/1994, 2.460/1994, 2.461/1994 e 2.462/1994, interpostos, respectivamente, por Jesús Ramón Copa Novo, María Antonia Díaz López, Marta Corias López, María Celsa Míguez Noya, Teresa Rodríguez Álvarez, Emérita Labrada Ferreiro, María Jesús Fojón Regueiro e María Estrella López López, contra Orde do 15 de outubro de 1994 (DOG do 26) pola que se publica concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres e máis concretamente contra o non recoñecemento, para efectos de antigüidade, dos servicios temporais prestados en educación especial.

En cumprimento do requirimento da presidencia da sala e o disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, faise público para que tódolos interesados no procedemento, dos que se descoñece a súa identidade, poidan comparecer e presentarse en autos, no prazo de nove días, perante a sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1994.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria