Para xeral coñecemento e efectos, comunícase que, como resultado do sorteo previsto no apartado cuarto
da Orde do 1 de outubro de 1994 (BOE do 4), pola que se establecen as normas procedementais aplicables nos concursos de traslados de ámbito nacional, convocado por Orde do 15 de outubro de 1994 (DOG do 26) entre funcionarios docentes que imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de ordenación do sistema educativo, foron extraídas as letras «O» e «T» co obxecto do desempate a que se refire o precitado apartado.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1994.
Jaime García y García
Director xeral de Persoal