Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 198

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial.

Por Orde do 23 de xuño de 1994 (DOG do 30 de xullo), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableceu axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial.

Reunida a comisión prevista no punto 8 da devandita orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co punto 1 da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles, con cargo ás aplicacións orzamentarias 07.03.322B.480.05 e 07.02.322A.481.05, as axudas que se sinalan para financia-las actividades que lles son propias, así como os gastos derivados da xestión administrativa, adquisición de material e mantemento das instalacións, ás confederacións, federacións e asociacións de pais de alumnos seguintes:

Confapa Galicia (A Coruña)2.141.407 ptas.

Federación Provincial de APAS de centros

públicos da Coruña1.200.000 ptas.

Aspanaes (Culleredo-A Coruña)300.000 ptas.

APAS de autistas e psicóticos do centro Me-

nela300.000 ptas.

APA do Centro Comarcal de Educación Espe-

cial do colexio Doctor Fleming (Vilagarcía)300.000 ptas.

Aspanaex (Vigo)300.000 ptas.

APA «Juan XXIII» de Pardavila (Marín)273.332 ptas.

APA «Juan XXIII» de Campolongo (Ponte-

vedra)107.870 ptas.

Fapacel (Lugo)700.000 ptas.

Total 5.622.609 ptas.

Segundo.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario, previo ó contencioso-administrativo, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1994.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria