Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 196

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de decembro de 1994 pola que se resolve a concesión de premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para alumnos universitarios que rematen os estudios no ano 1994, convocados no anexo III da Orde do 30 de maio de 1994 (DOG do 13 de xuño de 1994).

A Orde do 30 de maio de 1994 (DOG nº 112, do 13 de xuño) pola que se aproban as bases que rexen as convocatorias de bolsas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios prevé, entre outras, a seguinte acción:

-Anexo III: Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para alumnos universitarios que rematen os estudios no ano 1994.

Por Resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 1 de decembro de 1994 (DOG do 5 de decembro) e de conformidade coa base 7 do devandito anexo III, fíxose pública unha relación provisional de beneficiarios das referenciadas bolsas.

No apartado sétimo da citada resolución fixábase un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación da citada resolución no DOG co fin de que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado este prazo, estudiadas as reclamacións presentadas pola comisión avaliadora, nomeada por Resolución do 11 de agosto de 1994 (DOG nº 169, do 1 de setembro), da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, esta consellería, de acordo coa proposta de resolución elaborada pola nomeada comisión,

DISPÓN:

Artigo 1.-Acórdase concede-los premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para

alumnos universitarios que rematen os estudios no ano 1994, ós alumnos universitarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Artigo 2.-O libramento da devandita bolsa farase nun só pagamento de acordo co que se establece no punto 8 do anexo III da Orde do 30 de maio de 1994, xa aludida.

Artigo 3.-A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta disposición, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1994.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Sr. Director Xeral de Universidades e Investigación

ANEXO I

PREMIOS FIN DE CARREIRA 1993-1994

Licenciatura:

* Bioloxía

Cruz Guerrero, Raquel

Dios Vidal, Sonia

* Ciencias económicas e empresariais. Sección Económicas

Rodríguez Rico, Sofía

* Ciencias económicas e empresariais. Sección empresariais

Rodríguez de Prado, Francisco

* Dereito

Guillemet García, Mª Marta

* Educación física

Fernández Díaz, Mª de la Luz

* Enxeñeiro agrónomo

Dafonte Dafonte, Jorge

* Enxeñeiro de telecomunicacións

Rodríguez Liñares, Leandro

* Farmacia

Gómez Díaz, José Antonio

* Filosofía e ciencias da educación. Sección filosofía

Carracedo Lois, Ángel A.

* Filosofia e ciencias da educación. Sección pedagoxía

Zamora Rodríguez, Elisa T.

* Filoloxía clásica

Sánchez Tarrío, Ana María

* Filoloxía hispánica

Álvarez de la Granja, María

* Filoloxía inglesa

Estévez Saá, José Manuel

* Filoloxía italiana

Sanmarco Bande, Mª Teresa

* Física

Álvarez Muñiz, Jaime

* Informática

Fraguela Rodríguez, Basilio

* Matemáticas

Domínguez Pérez, Xabier E.

* Medicina e odontoloxía. Sección medicina

Alberte Lista, César

* Psicoloxía

Redondo Lago, Jaime

* Química

Ríos Vázquez, Sonia

* Xeografía e historia. Sección xeografía

Escudero Gómez, Luis Alfonso

* Xeografía e historia. Sección arte

Núñez Lodeiro, Jorge

* Xeografía e historia. Sección historia

Gómez Casal, Luis Antonio

* Veterinaria

Vilariño del Río, Natalia

* Tecnoloxía dos alimentos

Fonseca Vicentiz, Juan C.

Diplomaturas:

* Enfermería

Alonso Vence, María del Pilar

* Informática de xestión

Campo Bastos, Celso

* Profesorado de EXB

Pita Anca, Susana

* Traballo social

Gil Iglesias, Sara