Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 188

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 396/1994, do 29 de decembro, sobre asunción de funcións transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia mediante Real decreto 2.170/1994, do 4 de novembro, sobre ampliación do traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de servicios e asistencia sociais e a súa asignación á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Polo Real decreto 2.170/1994, do 4 de novembro amplíase o traspaso de funcións á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de asistencia e servicios sociais.

Procede, en virtude do citado traspaso asumir de forma expresa tales funcións, dentro do marco normativo vixente, asignándoas ós órganos correspondentes da Administración da Comunidade Autónoma.

Por isto por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de decembro de mil novecentos noventa e catro,

DISPOÑO:

Artigo 1.-Quedan asumidas as funcións que viña desempeñando a Administración do Estado en relación coa fundación Manuel Ventura Figueroa, de Santiago de Compostela (A Coruña), mediante o Real decreto 2.170/1994, do 4 de novembro, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias do 11 de outubro de 1993, publicado como anexo ó citado real decreto.

Artigo 2.1.-Asígnaselle á Consellería da Presidencia e Administración Pública as funcións asumidas de conformidade co disposto no artigo anterior.

2. Os órganos da Consellería da Presidencia e Administración Pública exercerán as atribucións que lles correspondan conforme as normas que regulen a súa estructura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O conselleiro da Presidencia e Administración Pública para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto e para adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións traspasadas.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de decembro de mil novocentos noventa e catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública