Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 187

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 395/1994, do 29 de decembro, sobre asunción de funcións transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia mediante os reais decretos 2.167/1994, 2.168/1994 e 2.169/1994, todos eles do 4 de novembro, sobre ampliación das funcións e os medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura e a súa asigunción á Consellería de Cultura.

Polos Reais decretos 2.167/1994, 2.168/1994 e 2.169/1994 todos eles do 4 de novembro, amplíase

o traspaso de funcións e medios adscritos ós servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura.

Semella, pois, conveniente asumir de forma expresa tales medios, que se consignan relacionados nos reais decretos aludidos, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias, e asignalos ós órganos correspondentes da Administración galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de decembro de mil novecentos noventa e catro,

DISPOÑO:

Artigo 1

1.-Quedan asumidas as funcións e servicios traspasados pola Administración do Estado en materia de cultura, mediante os reais decretos 2.167/1994, 2.168/1994 e 2.169/1994, todos eles do 4 de novembro, nos termos e condicións especificados nos acordos da Comisión Mixta de Transferencias publicados como anexo nos devanditos reais decretos.

2.-As funcións e servicios asumidos de conformidade co disposto no parágrafo anterior asígnanse á Consellería de Cultura, agás as atribuídas, se fose o caso, ó Consello de Ministros, que quedan asignadas á Xunta de Galicia como órgano colexiado de goberno da Comunidade Autónoma.

3.-Os órganos da consellería exercerán as atribucións que lles correspondan, conforme as normas que regulan a súa estructura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por iniciativa do conselleiro de Cultura, dictará cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública