Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 8 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de urxente ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas en Pedra-Gándara e en Sobreira no concello de Zas, a prol da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións

eléctricas aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afectan polas instalacións:

-Liña eléctrica a 15/20 kV en Pedra-Gándara, no concello de Zas. (Expediente número 52.502).

-Liña eléctrica a 15/20 kV e centro de transformación en Sobreira, no concello de Zas. (Expediente número 52.664).

As declaracións de utilidade pública, en concreto, das devanditas instalacións, que foron outorgadas con datas 11 de febreiro e 26 de xullo de 1993, respectivamente, levan implícitas en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1 do Decreto 2.619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no Bole-

tin Oficial da Provincia, no xornal El Ideal Gallego, e no taboleiro de edictos do concello de Zas, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos nas relacións que se engaden, ós que se lles practicará notificación individual, os que non foi posible o mutuo acordo, en igual prazo, conforme o artigo 16 do Decreto 2.619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros das devanditas relacións, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto; para tal efecto estarán expostos os expedientes cos planos de situación e parcelario das instalacións nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña, en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán solicitar a través deste organismo expropiante que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens, segundo o artigo 15 do Decreto 2.619/1966.

A Coruña, 8 de novembro de 1994.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña