Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1994 pola que se somete a información pública a petición de explotación dunha canteira de recursos da sección a denominada Fonte Fría (concello da Fonsagrada-provincia de Lugo).

Jesús García del Valle, con enderezo en Silván (León), solicitou a aprobación dun estudio de avaliación de impacto ambiental e plan de restauración, para a explotación dunha canteira de recursos da sección A (lousas), denominada Fonte Fría sita na praza do mesmo nome, lugar de Pedrouzas, municipio da Fonsagrada e provincia de Lugo, polo que

RESOLVO

Someter a información pública, en virtude do artigo 5º 2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, para que, aqueles que se consideren afectados pola petición presenten, se o coidan conveniente, as alegacións que consideren oportunas en defensa dos seus intereses.

O expediente pode ser examinado en horas de oficina na Delegación Provincial da Consellería de

Industria e Comercio de Lugo, r/ Pascual Veiga, nº 12 e 14, por espacio de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1994.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio