Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 29 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (DG-00338-I e outro).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que no anexo se sinalan, que se formularon contra eles as denuncias que se expresan no citado anexo. Por este motivo, co número que se indica, iniciáronse os correspondentes expedientes sancionadores, que poden dar lugar á sanción que tamén se expresa.

O que se lles notifica, facéndolles sabe-lo dereito que os asiste para alegar por escrito ante a Dirección Xeral de Transportes o que consideren conveniente, aportando ou propoñendo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación da presente cédula.

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados de descoñecidos enderezos, en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente en Santiago de Compostela o 29 de decembro de 1994.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes