Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 30 de novembro de 1994, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifica expediente sancionador incoado por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario (D-00270-I-94).

Pola presente cédula, notifícaselle ó denunciado cos datos e último enderezo coñecido que no anexo se sinala, que se formulou contra el a denuncia que se expresa no citado anexo. Por este motivo, co número que se indica, iniciouse o correspondente expediente sancionador, que pode dar lugar á sanción que tamén se expresa.

O que se lle notifica, facéndolle sabe-lo dereito que o asiste para alegar por escrito ante a Dirección Xeral de Transportes o que consideren conveniente, aportando ou propoñendo as probas que coide oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación da presente cédula.

E para que conste e lle sirva de notificación ó denunciado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente en Santiago de Compostela o 30 de novembro de 1994.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes