Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo, que se formularon contra eles as denuncias que se expresan. Por este motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan. O que se lles notifica, facéndolles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, aportando ou propoñendo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó
da publicación desta cédula. Así mesmo, notifícaselles que a autoridade competente para impoñe-la sanción é o director xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG 24-3-1993), polo que se regulan os órganos competentes para a imposición de sancións por infraccións cometidas en materia de transportes mecánicos por estrada.
Para que conste, lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 594 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 28 de novembro de 1994.
Gonzalo López González
Xefe do Servicio Provincial de Transportes
da Coruña