Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de novembro de 1994, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifica expediente sancionador incoado por infracción á normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltas polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario (número OUR-01636-O-93).

Pola presente cédula notifícaselle ó denunciado, cos datos e último enderezo coñecido se sinala no anexo, a resolución sancionadora, dictada polo delegado provincial da CPTOPV de Ourense, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaída no expediente que se cita no anexo.

Facéndolle sabe-lo dereito que o asiste para interpoñer recurso ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo de un

mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con esta resolución deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago.

E para que conste e lle sirva de notificación ó denunciado de descoñecido domicilio, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente en Ourense o 25 de novembro de 1994.

José Ignacio Domínguez Pedrosa

Xefe provincial de Transportes de Ourense