Pola presente cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.
Facéndolles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso, ante o conselleiro de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.
En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.
E para que conste e sirva de notificación ós denunciados, de descoñecidos domicilios, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Ourense, 24 de novembro de 1994.
José Ignacio Domínguez Pedrosa
Xefe provincial de Transportes de Ourense