Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de avaliación de efectos ambientais do proxecto da canteira de granito Abellas.

O artigo 2º, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de granito Abellas, situada nas paraxes de Petón das Abellas, no termo municipal de Dumbría, provincia da Coruña.

2.-Para os devanditos efectos informativos, porase a disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia da Coruña.

* Concello de Dumbría.

3.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

4.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1994.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio

Ambiente