Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 154

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (73/1993).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, polo presente edicto fago público que neste xulgado se seguen co número 73/1993 autos de xuízo universal de quebra necesaria da entidade mercantil Talleres Fernández y Dávila, S.L., que ten como obxecto social a compravenda, alugamentos, reparación e mantemento de toda clase de vehículos, con domicilio social en r/ Nova de Abaixo, s/n fronte á praza de Vigo de Santiago, por instancia da Tesourería da Seguridade Social representada polo procurador Fernández Rial, nos que se dictou auto no día da data que na parte dispositiva di literalmente: «Que debía declarar e declaraba o sobresemento do presente expediente; que se anote no libro de rexistro deste xulgado; que se deixe sen efecto o arresto dos donos da entidade Talleres Fernández e Dávila, S.A., Luis Fernández González e Enrique Dávila Agulla, así como a inhabilitación para a administración e disposición dos

seus bens; que se deixe sen efecto a detención da correspondencia postal e telegráfica do quebrado, librándose oficios ás Administracións de Correos e Telégrafos; que se lle dea a mesma publicidade a este sobresemento que se lle deu ó auto que declarou o estado de quebra, librándose edictos para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e

publicación no DOG; que se libre mandamento ó rexistrador mercantil desta provincia participándolle o sobresemento e ó Rexistro da Propiedade desta cidade para constancia de que se deixou sen efecto a inhabilitación de quebrado para administración e disposición de bens. Notifíqueselle esta resolución ás partes e ó comisario e depositarios da quebra, unha vez firme esta resolución expídanse os despachos acordados.» Así o dispón, manda e asina SSª. Dou fe.

E para que así conste e sirva de notificación ós interesados e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, o sete de xullo de mil novecentos noventa e catro.

A secretaria

Rubricado