Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 154

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (216/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado se segue xuízo de divorcio por instancia de Josefa Molina Cifuentes, representada pola procuradora Sra. Fernández-Rial e López contra José Arán Domínguez, nos que se acordou empraza-lo citado demandado para que no prazo de vinte días compareza en forma en autos e conteste a demanda, baixo apercibimento de que de non o verificar será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso.

E para que así conste e lle sirva de emprazamento en forma ó citado demandado, José Arán Domínguez, actualmente en paradoiro ignorado, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 14 de outubro de 1994.

O secretario

Rubricado