Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 154

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación da mellora de embargo (272/1989).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de autos dictados por este xulgado en procedementos civís consta o recaído en autos de xuízo executivo número 272/1989, promovido pola entidade Leasing Ibérica de servicios, Equipos, Automoción e Transporte, S.A., Liseat, cun encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

Auto: «En Santiago de Compostela, nove de xuño de mil novecentos noventa e catro.

Feitos

Único. O 24 de outubro de 1989 embargáronse bens propiedade dos demandados Hostelería Luna, S.L., con domicilio na rúa Arzúa, número 12-1º, e Nieves Taboada López, con domicilio na rúa Negreira número 5-3º, esquerda, de Santiago de Compostela, para responder da contía de 134.174 pesetas, importe principal e máis a de 100.000 pesetas para xuros e custas. O procurador Sr. García-Piccoli presentou escrito alegando que é imposible facer efectivo o embargo realizado.

Decido que se acorda a mellora do embargo realizado o 24 de outubro de 1989, en bens dos debedores Hostelería Luna, S.L., e Nieves Taboada López.

Faise constar que se procedeu ó embargo do predio número 8 da vivenda da terceira planta da casa número 5, da rúa Negreira, de Santiago de Compostela, de 68 metros cadrados. Está inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela, no tomo 956, libro 6, folio 97, predio 485, inscrición segunda.

Así o acorda e asina Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela».

A sentencia que se acaba de inserir foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado xuíz que a subscribe; para que conste e para que lles sirva de notificación en forma ós demandados en situación procesual de rebeldía, expido e asino esta en Santiago de Compostela o dezasete de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado