Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CÉDULA do 23 de novembro de 1994 da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifica á axencia de viaxes Viajes Abrente, S.A. a obrigatoriedade de presentar no prazo de un mes determinada documentación.

Pola presente cédula, notifícaselle ó titular da axencia de viaxes que figura no anexo, a través do seu representante legal, cos datos e último enderezo que tamén se sinalan, que examinado o expediente de autorización do título licencia desa axencia de viaxes, comprobouse que no prazo de dous anos a que fai referencia a disposición transitoria primeira do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, non regularizou a súa situación adaptándose ós requisitos e prescricións que establece este decreto. Por iso, concédeselle o prazo de un mes para achegar perante esta secretaría xeral a documentación que se relaciona no anexo da presente cédula.

De non presenta-la documentación requirida no prazo indicado, procederase a inicia-lo correspondente expediente de revogación do seu título licencia.

Igualmente, fáiselle saber que o expediente poderá examinalo, e obter copia dos documentos contidos nel, na Secretaría Xeral para o Turismo.

E para que conste e lle sirva de notificación ó titular da mencionada axencia de viaxes, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemenio administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, o 23 de novembro de 1994.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo