Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 137

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 15 de decembro de 1994 pola que se establecen axudas para a realización de accións dirixidas á mellora da competitividade do sector productivo industrial da serraxe e doutros productos forestais de Galicia, centros tecnolóxicos, parques de clasificación e comercialización da madeira e introducción de novas tecnoloxías.

O Plan Forestal de Galicia define as accións no sector forestal que deben dar lugar a unha xestión racional deste recurso natural renovable nos seus distintos ámbitos de ordenado aproveitamento.

O referido Plan Forestal fixa como meta operativa un modelo de monte que asegure ó fin do ano 2032 unha producción sostida total de madeira de 14.000.000 m/ano.

O crecemento racional continuado da producción madereira, pretendido polo Plan Forestal, nos seus corenta anos de vixencia, precisa do bo funcionamento e competitividade dun sector industrial de serraxe en Galicia, principal utilizador dos recursos forestais en materia prima, e sobre o que se apoian os restantes sectores de primeira e sucesivas transformacións.

Así mesmo, resulta prioritario o desenvolvemento e implantación de novas tecnoloxías neste sector industrial que melloren o rendemento e a eficacia dos procesos de producción, así como a investigación e descubrimento de novos productos con orixe forestal que amplíen e diversifiquen a oferta do referido sector.

En virtude de todo iso e ó abeiro do Decreto 113/1987, modificado polos Decretos 157/1988, 219/1989 e 393/1990, do 19 de xullo, co obxecto de que os interesados dispoñan do máximo de tempo posible para realizaren as súas previsións de investimento e os seus proxectos técnicos; e consonte o artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º-Obxecto das axudas.

Poderán ser subvencionables os seguintes tipos de actuacións:

1) Investimentos en activos fixos materiais productivos que melloren a competitividade das empresas dedicadas á serraxe da madeira e procesos posteriores que posibiliten un incremento do seu valor engadido.

2) lnvestimentos en activos fixos materiais que permitan mellora-la estructura comercial e os procesos de comercialización das empresas de serraxe da madeira.

3) Actuacións ou proxectos de investigación aplicada que teñan por obxecto o desenvolvemento de novas técnicas de aproveitamento na industria da serraxe, desde os labores de corta ata a transformación do producto final.

4) lnvestimentos en activos fixos materiais productivos que desenvolvan novas formas de aprovei

tamento da materia prima de orixe forestal, a creación de novos productos ou a implantación de procesos de transformación innovadores.

5) Investimentos en activos fixos materiais que permitan mellora-la estructura comercial e o desenvolvemento dos procesos de comercialización das novas formas de aproveitamento, os novos productos e procesos de transformación da materia prima de orixe forestal.

6) Accións de promoción e creación dun centro tecnolóxico da madeira en Galicia.

7) Actividades de difusión e extensión do uso de tecnoloxías aplicadas, promoción e demostración de resultados ás industrias de aproveitamento da materia prima de orixe forestal, organizados por empresas, asociacións de empresas e institucións.

8) Accións de formación dos traballadores e dos empresarios do sector, dirixidas ó desenvolvemento da capacidade empresarial e organizativa local.

9) Prospección de mercados nacionais e de exportación, realizados polas asociacións de empresas, entidades e institucións, que determinen a viabilidade de novos mercados de consumo e a comercialización externa para os productos forestais transformados galegos.

Artigo 2º-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas e entidades públicas e privadas relacionadas total ou parcialmente co sector forestal, así como as agrupacións das referidas empresas, persoas físicas e institucións. Estas últimas deben reunir polo menos algunha das seguintes condicións:

-Carecer de ánimo de lucro.

-Ostentar recoñecida solvencia técnica ou científica.

-Estar avalados por equipos, departamentos ou entidades de contrastado nivel investigador.

Artigo 3º-Importe das axudas.

O importe máximo porcentual e total das axudas é o seguinte:

1.-Investimentos en activos fixos materiais de producción: 30%.

A contía máxima anual da subvención non superará os 30 millóns de pesetas.

2.-Investimentos en activos fixos materiais de mellora da estructura e procesos de comercialización: 30%.

A contía máxima da subvención concedida terá como límite anual 30 millóns de pesetas.

3.-Investimentos en activos fixos materiais que desenvolvan novas formas de aproveitamento da materia prima de orixe forestal: 30%.

Establécese un límite anual por acción de 30 millóns de pesetas na subvención concedida.

4.-Actuacións ou proxectos de investigación aplicada que melloren ou desenvolvan novas técnicas de procesos productivos: 50%.

O límite máximo anual por subvención concedida será de 30 millóns de pesetas.

5.-Accións de promoción e creación do Centro Tecnolóxico da Madeira en Galicia: establécese unha subvención cun límite de axuda total concedida de 30 millóns de pesetas.

6.-Actividades de difusión e extensión do uso de tecnoloxías aplicadas, promoción e demostración de resultados: establécese a contía máxima concedida por acción en 6 millóns de pesetas sen que poida ser superado o 30% do orzamento total.

7.-Accións de formación dos traballadores e dos empresarios do sector dirixidas ó desenvolvemento da capacidade empresarial e organizativa local: establécese un límite máximo da axuda concedida por acción de 4 millóns de pesetas sen que poida ser superado o 30% do orzamento total.

8.-Prospección de mercados nacionais e de exportación, realizados polas asociacións de empresas, entidades e institucións e persoas físicas: establécese a contía máxima concedida por acción en 6 millóns de pesetas sen que poida ser superado o 30% do orzamento total.

Artigo 4º-Prioridades estratéxicas en canto á natureza das actuacións de investimento.

As prioridades serán as seguintes por orde preclusiva:

1.-Fusión de empresas para a creación de unidades de producción que teñan como obxectivo o incremento do valor engadido da madeira.

2.-Fusión de empresas para crear unidades productivas racionais de primeira transformación dos productos con materia prima de orixe forestal.

3.-Investimentos colectivos coa finalidade de crear ou desenvolver unha estructura comercial conxunta das produccións galegas.

4.-Creación do Centro Tecnolóxico da Madeira de Galicia.

5.-lnvestimentos individuais que leven consigo a implantación de nova tecnoloxía ou da consecución de novos productos ou formas de aproveitamento.

6.-Accións e proxectos de investigación aplicada.

7.-Actividades de formación de empresarios e traballadores das distintas ramas das industrias forestais.

8.-Estudios de mercado nacionais e internacionais.

Artigo 5º-Prioridades estratéxicas en canto ó obxectivo das actuacións de investimento.

As prioridades serán as seguintes por orde preclusiva:

1.-Enfoque da estructura da industria á elaboración de productos adaptados á demanda actual e potencial do mercado e ás características da materia prima galega de orixe forestal.

2.-Optimización do rendemento da materia prima na súa transformación.

3.-Descubrimento de novas formas de aproveitamento da materia prima de orixe forestal.

4.-Mellora da productividade en tódalas fases do proceso, en especial a posta en marcha de segundas transformacións e de incremento do valor engadido.

5.-Racionalización das operacións de manipulación dos productos transformados incluído o seu secado, tratamentos sanitarios, impregnacións, fermentacións, etc.

6.-Mellora da calidade dos productos, incluíndo a preparación das ferramentas de corte ou de operación.

7.-Aproveitamento dos subproductos para a súa utilización enerxética ou doutra natureza que se considere viable técnica e economicamente.

Artigo 6º-Outros criterios de avaliación.

A concesión de axudas levarase a cabo mediante un proceso de selección de proxectos, no que se establecen os seguintes criterios, por orde de importancia:

a) Viabilidade técnica, económica e financeira.

b) Creación de postos de traballo directos.

c) Calidade dos productos obtidos e/ou comercializados.

d) Carácter innovador da tecnoloxía e do proceso.

e) Aproveitamento e grao de transformación das materias primas de orixe forestal.

f) Aproveitamento de recursos infrautilizados.

g) Reestructuración de industrias xa existentes.

h) Beneficio e/ou participación dos productores.

Artigo 7º-Ámbito temporal.

As súas normas reguladoras da concesión das subvencións da presente orde manteranse en vigor durante 1995.

No caso de que pola súa importancia ou complexidade o investimento que se pretenda levar a cabo requirise un financiamento máis prolongado, a subvención poderá plurianualizarse, sen prexuízo das disposicións que para este efecto contempla a lexislación orzamentaria e demais normativa de aplicación.

Artigo 8º-Solicitudes e documentación.

1) Os interesados deberán presentar, perante as delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ou na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a seguinte documentación por duplicado:

a) Instancia-solicitude, dirixida ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde, acompañada da folla de recollida de datos xerais, segundo o modelo que figura no anexo III da presente orde.

No caso de sociedades que se vaian constituír, a solicitude deberá realizarse por unha persoa física

en nome propio; constituída a sociedade, solicitarase o cambio de beneficios a favor desta.

b) Estudio, anteproxecto ou proxecto asinado por técnico agrario competente e visado polo colexio profesional correspondente, onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo III da presente orde.

c) Declaración do solicitante sobre outras axudas solicitadas e/ou concedidas para os mesmos investimentos.

d) Acreditación en xeral de estar inscrito no Rexistro Mercantil ou ter feita a solicitude, no caso de pagamento parcial previo, soamente para aquelas empresas pendentes de constitución.

e) Acreditación do cumprimento formal das obrigacións fiscais e coa Seguridade Social por parte do solicitante ata o momento de solicita-la subvención.

f) Antes do aboamento da subvencion: certificación de non ter débedas pendentes de liquidación coa Comunidade Autónoma a que se refire o artigo 79 da Lei 11/1992, do 17 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

g) Declaración xurada de non ter iniciados os investimentos obxecto do proxecto con anterioridade ó 1 de xaneiro de 1995.

h) No caso de empresas xa existentes, presentar balance económico actualizado, asinado por administrador legalmente autorizado.

i) Copia da cédula do NIF ou CIF, así como ficha de solicitude de pagos e escrito da entidade bancaria confirmando a existencia de conta corrente aberta a nome do titular ou da empresa.

j) Programa de execución dos investimentos asinado polo beneficiario.

k) Aval suficiente de equipos, departamentos ou entidades de contrastado nivel investigador para concorrer ós puntos 3) e 9) do artigo 1º da presente orde. Así mesmo, para os devanditos puntos deberá ser presentada unha memoria, onde queden perfectamente definidos: os antecedentes da materia que se propón investigar, xustificación, obxectivos xerais e específicos que se pretenden conseguir, estimación de resultados a acadar e aplicación práctica da investigación ós determinados subsectores da industria forestal.

2) Se no transcurso da realización do proxecto se vise a necesidade de introducir modificacións, presentarase, por parte do beneficiario da subvención, o oportuno proxecto reformado onde aparezan aquelas variacións do proxecto orixinal. A dita reforma deberá ser subscrita por técnico agrario competente e ser visada polo colexio o ficial correspondente.

3) Para a posta en funcionamento do proxecto aprobado será necesario o requisito de presentación polo beneficiario, ante a Administración, dunha certificación, expedida por técnico agrario competente e visado polo correspondente colexio oficial, no que se reflicta fidedignamente, a adaptación das accións realizadas ó proxecto presentado, así como o cum

primento das condicións técnicas, prescricións e regulamentarias que lle sexan de aplicación.

Artigo 9º-Prazo de presentación de solicitudes.

Establécese un prazo máximo de presentación de solicitudes, acompañadas da documentación completa, que rematará ós cinco meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 10º-Mellora e corrección da solicitude.

Na fase de iniciación do procedemento examinaranse as solicitudes e documentos anexos presentados. No caso de que sexan detectadas faltas ou omisións, requirirase ó interesado para que sexan corrixidos os erros, ou acompañe a documentación preceptiva, no prazo de dez días hábiles, con indicación de que, se así non o fixese se procederá á anulación da petición, arquivándose sen máis trámite posterior.

Artigo 11º-Tramitación e concesión de axudas.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolverá a proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, en función das súas dispoñibilidades orzamentarias e tendo en conta as estratexias e criterios indicados no artigo 4º, 5º e 6º da presente orde.

Os termos da resolución seranlle comunicados ó beneficiario directamente.

As solicitudes que, unha vez transcorridos tres meses desde a súa presentación, non tivesen unha comunicación coa correspondente aprobación provisional ou definitiva, entenderase que serán denegadas, sen que caiba a súa concesión por silencio administrativo positivo.

Unha vez recibida a comunicación, o beneficiario terá que enviar, no prazo de dez días hábiles, a súa aceptación ás condicións especificadas na resolución da concesión, quedando sen efecto a concesión en caso contrario. O beneficiario comunicará igualmente a data de iniciación dos investimentos.

En calquera punto do proceso de tramitación, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderalle solicitar ó interesado as aclaracións ou xustificacións oportunas con respecto ós datos da documentación presentada.

O pagamento da subvención poderase condicionar ó cumprimento por parte do solicitante dos obxectivos empresariais declarados.

Artigo 12º-Procedemento de pagamento e xustificación.

1.-Se a axuda estivese dividida en anualidades, os pagamentos destas faranse efectivos unha vez executados os investimentos dentro dos prazos previstos por cada anualidade e cumpridos os trámites de xustificación que se determinan a continuacion.

2.-Executados os investimentos de acordo co programa, o beneficiario presentará perante a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural ou a

delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes a seguinte documentación:

a) Xustificantes dos investimentos realizados que consistirán, de forma xeral, nas fotocopias compulsadas das facturas orixinais sobre as que se realizará a toma de razón e relación numerada delas e de forma específica:

-Respecto á construcción de edificios, obras e instalacións en xeral, presentarase o certificado a que fai referencia o punto 3) do artigo 8º da presente orde.

-Para a adquisición de edificacións presentarase certificado da oficina liquidadora competente, no que constará o valor que servirá de base para a liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais ou IVE, descontando o valor do solo.

-Para honorarios de proxecto e dirección de obra presentaranse as correspondentes fotocopias compulsadas das facturas emitidas polo colexio profesional correspondente.

b) Declaración do beneficiario sobre as axudas concedidas e/ou obtidas para os mesmos investimentos.

c) Certificación do cumprimento formal das obrigas fiscais e de Seguridade Social por parte do beneficiario, ata o momento do pagamento da subvención.

Á vista da documentación presentada e logo das oportunas inspeccións, a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural remitirá, xunto coa documentación sinalada, a correspondente certificación motivada, co fin de proceder ó pagamento efectivo da subvención.

3.-De acordo coa Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, poderán considerarse obxecto de subvención os importes derivados do pago parcial de maquinaria e outros investimentos en activos subvencionables pola orde na que o investimento non estivese materializado.

Así mesmo, poderanse considerar para efectos de subvención os pagos parciais correspondentes ós contratos de leasing nos que aínda non se efectuase a opción de compra, descontando destes importes a cantidade relativa a gastos de financiamento que deberán quedar suficientemente desagregados no contrato.

Para o referido nos dous parágrafos anteriores, será necesario que no expediente de xustificación daquelas se xunte, ademais do indicado no presente artigo, a factura ou contrato de subministración, xustificante bancario do pago e un aval bancario ou de entidade aseguradora suficiente, que se depositará por tempo indefinido ó dispor da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes na Tesourería Xeral da Xunta de Galicia. O referido aval garantirá a cantidade anticipada mailos xuros calculados ó xuro legal do diñeiro para o ano en curso e por un prazo que medie entre a data de solicitude do anticipo e o último día en que este ten que ser xustificado.

O aval devolveráselle ó interesado unha vez que se comprobe, mediante inspección in situ, a rea

lización material do obxecto da subvención, e no caso de contratos de tipo leasing, que se leve a cabo a opción de compra.

Artigo 13º-Disposicións comúns.

1) Non serán subvencionables os seguintes investimentos:

a) A adquisición de terreos e demais gastos non amortizables.

b) A adquisición de equipos de oficina e mobiliario, salvo equipos de informática con software axeitado.

c) Os vehículos de motor, en xeral.

d) A maquinaria usada.

e) O lVE e outros tributos non recuperables polo beneficiario.

2) Non obstante o sinalado no punto 1) serán subvencionables os honorarios de redacción de proxectos e dirección de obra, polos importes que se xustifiquen de acordo coas taxas colexiadas vixentes, sempre que se correspondan coa acción subvencionada.

3) As axudas ós investimentos establecidas na presente orde serán compatibles con calquera outra destinada ós mesmos fins e procedentes de administracións públicas, ata un límite de subvención neta equivalente ó 50% sobre o investimento total, salvo os casos contemplados no Decreto 113/1987 e as súas modificacións posteriores.

4) A contía da axuda concedida será para o conxunto do proxecto. Non obstante, en función do calendario de execución, poderase distribuí-la axuda en varias anualidades, na forma que determina o artigo 7º da presente orde.

5) No caso de incumprimento das condicións establecidas nesta orde procederase á anulación do expediente correspondente. Se se esgotar o prazo de execución de investimentos sen que estas se tivesen realizado, poderase conceder unha ampliacion, a solicitude do interesado, mediante petición expresa deste, sempre que se xustifique plenamente, e tendo presentes as limitacións impostas pola Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

6) As modificacións parciais sobre o proxecto orixinal requirirán autorización da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo da presentación da correspondente solicitude, acompañada de xustificación suficiente, segundo se reflicta no punto 2) do artigo 8º da presente orde.

7) No caso de que se reducisen os investimentos, mantendo os obxectivos iniciais, a subvención concedida veríase diminuída na contía proporcional correspondente, sempre que o conxunto do investimento cumpra os fins previstos inicialmente.

No caso de que a axuda estivese dividida en anualidades, se o beneficiario non rematase o proxecto coa totalidade dos investimentos presentados ou non cumprise os prazos establecidos, ou os obxectivos iniciais propostos, deberán ser devoltas as cantidades percibidas en concepto de axudas, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

8) As porcentaxes de subvención concedida sobre o investimento realizado, consignadas no artigo 3º

da presente orde, poderanse ver incrementados nun 10% nos seguintes casos:

a) Cando os beneficiarios sexan cooperativistas ou asociacións de productores.

b) Por colaboración con programas desenvolvidos pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

c) Cando teñan un marcado carácter innovador en canto á incorporación de novas tecnoloxías ou a introducción de novos productos.

Disposicións adicionais

Primeira.-O aboamento das axudas fixadas na presente orde establecerase con cargo ás aplicacións orzamentarias dos programas 09.04.731A.770.00: 100.000.000 de pesetas.

Segunda.-En canto non se aproben os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1995,

as solicitudes que se orixinen como consecuencia da publicación da presente orde serán tramitadas de conformidade e cos efectos contidos na orde da Consellería de Economía e Facenda do 2 de xuño de 1986 (DOG nº 18, do 19 de xuño de 1986) modificada pola orde do 18 de outubro de 1991 (DOG nº 229, do 26 de novembro de 1991).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para dictar cantas disposicións complementarias coide portunas para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1994.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO III

CONTIDO DO ESTUDIO, ANTEPROXECTO OU

PROXECTO

1.-Memoria.

1.0.-Datos de identificación.

-Nome, NIF/CIF, enderezo, teléfono.

-Actividades económicas actuais. Centros de producción.

-Localización de novos investimentos.

1.1.-Breve descrición do obxecto do proxecto.

1.2.-Situación actual.

-Descrición resumida de actividades desenvolvidas.

-Producción: descrición do proceso. Capacidades de producción.

-Tecnoloxía dispoñible. Volume e prezos de venda, tipos de productos.

-Comercialización: destino dos productos e principais canles de comercialización.

-Materias primas: principais tipos e procedencia. Consumos e prezos de compra.

-Inmobilizado material: terreos, edificacións, instalacións, maquinaria e outros.

-Persoal: relación dos traballadores existentes por categorías laborais.

-Contas de resultados, evolución.

-Programas de colaboración coa Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

1.3.-Proxecto que se vai realizar e situación tralo investimento.

-Análise de mercado: situación da oferta e a demanda.

-Proceso productivo: características dos productos que se van obter.

-Descrición do proceso productivo. Capacidades de producción.

-Tecnoloxía ulilizada.

-Calendario e volume de produccións.

-Materias primas: principais tipos e procedencias.

-Consumos e prezos de compra.

-Investimentos: resumo desagregado cuantificado de investimentos en:

* Activos fixos: terreos, edificios e construccións, equipos e instalacións, maquinaria, elementos de transporte, mobiliario e utensilios, gastos amortizables, outros.

* Capital circulante: existencias de insumos, productos en curso e productos finais. Caixa e bancos. Provedores e clientes. Fondo de manobra.

-Financiamento dos activos fixos e do capital circulante: recursos propios. Subvencións. Créditos e préstamos. Outras fontes de financiamento.

-Contas de explotacións provisionais. Valoraranse as variacións previsibles, como consecuencia dos investimentos, respecto da situación actual nos seguintes aspectos.

* Vendas: volume e valoración xustificada do prezo probable de venda.

* Custos: compras de materias primas.

-Gastos variables: persoal, subministracións e servicios, portes, etc.

-Análise económica do proxecto: farase tendo en conta as variacións previsibles nas vendas, compras e resto dos custos, respecto da situación actual, así coma os investimentos necesarios para levar a cabo o proxecto.

-Programas de colaboración coa Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

2.-Xustificación dos investimentos segundo as seguintes consideracións:

-Obra civil: mediante orzamento desagregado por unidades de obra.

-Maquinaria e equipamentos: factura pro-forma ou similar.

3.-Planos.

Polo menos os seguintes:

-Plano de situación e localización.

-Plano xeral do conxunto de obras e instalacións.

-Plano de distribución da maquinaria e instalacións.

4.-Repercusións sobre o medio ambiente.