Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 125

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 25 de novembro de 1994 pola que se aproba o regulamento da denominación de orixe Monterrei e do seu consello regulador.

Por orde do 3 de decembro de 1992, modificada pola Orde do 2 de xuño de 1993, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes recoñeceu a denominación de orixe Monterrei para os viños producidos nesta comarca vitivinícola, e nomeuse o seu consello regulador provisional.

Entre as funcións asignadas a este consello figuraba a redacción do proxecto de regulamento particular da denominación, que elevaría á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, para a súa aprobación.

En consecuencia, unha vez cumprida a devandita obriga, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1993, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Recoñécese con carácter definitivo a denominación de orixe Monterrei e apróbase o seu regulamento co texto articulado que figura como anexo da presente orde.

Artigo 2.

Disponse a publicación da presente orde no Diario Oficial de Calicia, figurando como anexo desta o

regulamento da denominación de orixe Monterrei e do seu consello regulador, así como a súa remisión ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para os efectos da súa ratificación e defensa nos ámbitos nacionais e internacionais.

Disposición transitoria

O consello regulador provisional da denominación de orixe Monterrei asumirá a totalidade das funcións que lle corresponden segundo o capítulo VII deste regulamento, continuando os seus compoñentes nos seus cargos respectivos ata que o dito consello regulador quede constituído de acordo co establecido no artigo 31 do mencionado regulamento.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1994.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

Regulamento da denominación de orixe Monterrei e do seu consello regulador

CAPÍTULO I

Xeneralidades

Artigo 1.

De acordo co disposto na Lei 25/1970, do 2 de decembro, do estatuto da viña, do viño e dos alcohois, e no seu regulamento, aprobado por Decreto 835/1972, do 23 de marzo, así como no Real decreto 157/1988, do 22 de febreiro, polo que se establece a normativa a que deben axustarse as denominacións de orixe e os seus respectivos regulamentos, e as disposicións establecidas pola Comunidade Económica Europea para que os viños de calidade producidos en rexións determinadas, queden protexidos coa denominación de orixe Monterrei os viños e mostos que, cumprindo as características definidas neste regulamento, cumpran na súa producción, elaboración e comercialización tódolos requisitos esixidos nel e a lexislación vixente que lles afecte.

Para a aplicación da normativa anterior terase en conta o que establece o Real decreto 4.189/1982, do 29 de decembro, de transferencia de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de denominacións de orixe, viticultura e enolexía.

Artigo 2.

1.-A protección outorgada por esta denominación de orixe esténdese á mención Monterrei e ós nomes

das subzonas, termos municipais e parroquias que compoñen as zonas de producción, de acordo co disposto nos artigos 81 e seguintes da Lei 25/1970 e demais lexislación aplicable. Así mesmo a dita protección esténdese ás expresións en galego e castelán das mencións xeográficas citadas.

2.-Para que os viños amparados poidan levar no etiquetado o nome dunha das subzonas definidas neste regulamento, será requisito imprescindible que a materia prima proceda integramente dela e que a elaboración se realice no seu interior.

3.-Queda prohibido noutros viños non amparados a utilización de nomes, termos, mencións e signos que pola súa similitude fonética ou gráfica cos protexidos poidan inducir a confusión cos que son obxecto desta regulamentación, aínda no caso de que vaian precedidos de termos como «tipo», «estilo», «embotellado en», «con adega en» ou outros semellantes.

Artigo 3.

A defensa da denominación de orixe Monterrei, a aplicación do seu regulamento, a vixilancia do cumprimento del, así como o fomento e control da calidade dos viños amparados, quedan encomendados ó consello regulador da denominación de orixe Monterrei, á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia e ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no ámbito das súas respectivas competencias.

CAPÍTULO II

Da producción

Artigo 4.

1.-A zona de producción dos viños protexidos pola denominación de orixe Monterrei está constituída polos terreos que o consello regulador considere aptos para a producción de uvas das variedades que se indican no artigo 5, coa calidade necesaria para obter viños das características específicas dos amparados pola denominación, e que se encontren situados nos termos municipais e lugares que compoñen as subzonas seguintes:

Subzona Val de Monterrei: as parroquias de Castrelo do Val, Pepín e Nocedo do Val do concello de Castrelo do Val; as parroquias de Albarellos, Infesta, Monterrei e Vilaza do concello de Monterrei; as parroquias de Oímbra, Rabal, O Rosal e San Cibrao do concello de Oímbra e as parroquias de Abedes, Cabreiroá, Feces de Abaixo, Feces de Cima, Mandín, Mourazos, Pazos, Queizás, A Rasela, Tamagos, Tamaguelos, Tintores, Vilela, Verín e Vilarmaior do concello de Verín.

Subzona Ladeira de Monterrei: comprende as parroquias de Gondulfes e Servoi do concello de Castrelo do Val; as parroquias das Chas e A Granxa do concello de Oímbra; as parroquias de Flariz, Medeiros, Mixós, Estevesiños e Vences, do concello de Monterrei, e a parroquia de Queirugás no concello de Verín.

2.-A cualificación dos terreos para os efectos da súa inclusión na zona de producción, efectuarán o consello regulador e deberán quedar delimitados na corrsepondente documentación cartográfica.

Artigo 5.

1.-A elaboración dos viños protexidos realizarase con uva das variedades seguintes:

a) Brancas: Dona Branca, Godello, Treixadura, Palomino.

b) Tintas: Mencía, Merenzao (María Ordoña ou Bastardo), Gran Negro, Garnacha Tintorera.

Son variedades preferentes: Dona Branca, Godello e Treixadura entre as brancasí Mencía e Merenzao (María Ardoña o Bastardo) entre as tintas.

2.-As variedades Gran Negro e Garnacha Tintorera entre as tintas e Palomino entre as brancas, poderán utilizarse na elaboración de viñedos protexidos, de forma transitoria, durante un período de sete anos, contados a partir da data de publicación deste regulamento no Diario Oficial de Galicia.

3.-O consello regulador podará propoñer á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia que sexan autorizadas novas variedades que, previamente ós ensaios e experiencias convenientes, se comprobe que producen mostos de calidade, aptos para a elaboración de viños protexidos; determinándose en cada caso a súa inclusión como preferente ou como autorizada.

Artigo 6.

1.-Con carácter xeral as prácticas culturais tenderán a optimiza-la calidade das produccións.

2.-A densidade de plantación estará obrigatoriamente entre 3.700 cepas por hectárea como minimo e 5.000 cepas por hectárea como máximo.

3.-Os sistemas de poda serán os seguintes:

a) O tradicional sistema de poda en vaso grego e as súas variantes con poda en polgares e un máximo de 16 xemas.

b) Poderase efectua-la poda en espaleira ou liñas convenientemente separadas do chan polo sistema de dobre cordón a tres polgares por brazo, ou polo sistema de vara e polgar (Guyot).

4.-O número máximo de xemas por hectárea será de 70.000 para as variedades: Godello, Treixadura, Mencía e Merenzao (María Ordoño ou Bastardo), e de 55.000 xemas por hectárea para as variedades: Dona Branca, Palomino, Gran Negro e Garnacha Tintorera.

5.-A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá autorizar, por proposta do consello regulador, a aplicación de novas prácticas culturais, tratamentos ou labores que, constituíndo un avance da técnica vitícola, se comprobe que non afectan de forma desfavorable á calidade da uva ou do viño producido.

6.-As disposicións precedentes axustaranse ós límites máximos de producción establecidos no artigo 8 deste regulamento.

Artigo 7.

1.-A vendima realizarase co maior esmero e para a elaboración dos viños protexidos dedicarase exclusivamente uva sa, co grao de madurez necesario.

2.-A graduación alcohólica mínima potencial das partidas de uva será a seguinte:

10º para os viños brancos e tintos Monterrei.

10,50º para os viños brancos e tintos Monterrei selectos.

3.-Para cada campaña o consello regulador dictará as normas necesarias para consegui-la optimización da calidade.

4.-O consello regulador determinará a data de iniciación da vendima e acordará as normas sobre o ritmo de recolección, co fin de que esta se efectúe en conseancia coa capacidade de absorción das adegas, así como as normas para o transporte da uva.

Artigo 8.

1.-A producción máxima admitida por hectárea será:

130 Qm por hectárea para as variedades Dona Branca, Palomino, Gran Negro e Garnacha Tintorera.

110 Qm por hectárea para as variedades Godello, Treixadura, Mencía e Merenzao (María Ordoña ou Bastardo).

Estes límites podarán ser modificados en determinadas campañas polo consello regulador, por iniciativa propia ou por petición dos viticultores da parroquia ou parroquias interesadas na medida, efectuada con anterioridade á vendima, logo dos asesoramentos e comprobacións que se precisen. No caso de que tal modificación se produza, ela non podara supera-lo 25% dos límites fixados.

2.-A uva procedente de parcelas con rendimentos superiores ó límite autorizado, non poderá ser empregada para a elaboración de viños protexidos por esta denoninación, debendo adopta-lo consello regulador as medidas de control necesarias para asegura-lo cumprimento deste precepto.

Artigo 9.

1.-Para a autorización pola autoridade competente de novas plantacións, substitucións e replantacións de viñedos situados na zona de denominación de orixe, será preceptivo o informe previo do consello regulador que deberá determina-la posibilidade de inscrición no rexistro correspondente.

2.-Non se admitirá a inscrición no rexistro de viñas do consello regulador de novas plantacións mixtas que conteñan algunha variedade distinta das autorizadas para a elaboración dos viños protexidos e recollidas no artigo 5 desta regulamento.

3.-As uvas procedentes de parcelas nas que existan distintas variedades só poderán destinarse á elaboración dos viños brancos ou tintos que vaian ser protexidos pola denominación se a absoluta separación de variedades é posible na vendima.

CAPÍTULO III

Da elaboración

Artigo 10.

1.-As técnicas empregadas na manipulación de uva, do mosto e do viño, no control da fermentación e no proceso de conservación, tenderán a obter productos da máxima calidade, mantendo os caracteres tradicionais dos tipos de viños amparados pola denominación de orixe Monterrei.

2.-Na producción de mosto seguiranse as prácticas tradicionais aplicadas cunha moderna tecnolexía, orientada á mellora da calidade do producto final. Aplicaranse presións adecuadas para a extracción do mosto e do viño e a súa separación dos bagazos, de maneira que o rendemento non sexa superior a 65 litros de mosto por cada 100 quilogramos de vendima para as variedades brancas e 70 litros por cada 100 quilogramos para as variedades tintas.

3.-As fraccións de mosto ou viño obtidas por presións inadecuadas non poderán, en ningún caso, ser destinadas á elaboración de viños protexidos.

4.-En particular, prohíbese, para a elaboración de viños protexidos pola denominación de orixe Monterrei, a utilización de prensas coñecidas como «continuas» nas que a presión é exercida por un torno de Arquímedes no seu avance sobre un contrapeso.

5.-Para a extracción do mosto só podarán utilizarse sistemas mecánicos que non danen ou dilaceren os compoñentes sólidos do acio, quedando prohibido o emprego de máquinas estrulladoras de acción centrífuga de alta velocidade.

6.-Na elaboración dos viños protexidos non se poderán utilizar prácticas de prequentamento da uva, ou quentamento dos mostos ou dos viños en presencia de bagazos, tendentes a forza-la extracción de materia colorante.

7.-Os límites fixados neste artigo poderán ser modificados excepcionalmente en determinadas campañas polo consello regulador, ben por propia iniciativa ou por petición dos elaboradores inscritos, logo dos informes técnicos e comprobacións necesarias.

CAPÍTULO IV

Cualificación e características dos viños

Artigo 11.

1.-Tódolos viños elaborados nas adegas inscritas, para poder facer uso da denominación de orixe Monterrei, deberán superar un proceso de cualificación de acordo co disposto no Regulamento (CEE) 823/1987, do Consello, do 16 de marzo, polo que se establecen disposicións específicas relativas ós viños de calidade producidos en rexións determinadas e no Real decreto 157/1988, do 22 de febreiro, polo que se establece a normativa a que deben axustarse as denominacións de orixe cualificadas de viños e os seus respectivos regulamentos.

2.-O proceso de cualificación efectuarase por cada partida ou lote homexéneo e deberá ser realizada polo consello regulador, de acordo co disposto no artigo 37.

Constará dun exame analítico e un exame organoléptico, que dará lugar á cualificación, descualificación ou emprazamento da partida.

3.-Os viños cualificados deberán mante-las cualidades organolépticas características deles, en especial en canto a cor, aroma e sabor. En caso de que se detecte algunha alteración nestas características en detrimento da calidade ou que na súa elaboración se incumprisen os preceptos deste regulamento ou os establecidos na lexislación vixente, o viño será descualificado polo consello regulador, o que implicará a perda da denominación.

Considerarase igualmente como descualificado calquera viño obtido pola mestura con outro, previamente descualificado.

4.-A descualificación dos viños podará ser realizada polo consello regulador en calquera fase da súa elaboración no interior da zona de elaboración.

A partir da iniciación do expediente de descualificación, o viño deberá permanecer en envases perfectamente identificados e rotulados, baixo o control do dito consello. Para calquera trasvase ou traslado do viño, será necesario poñelo en coñecemento do consello regulador, con antelación suficiente, para que se poidan toma-las medidas de control que coide necesarias.

Artigo 12.

Os tipos de viños amparados pola denominación de orixe Monterrei son:

a) Branco Monterrei: elaborado co 60% de uvas das variedades brancas preferentes citadas no artigo 5.1 deste regulamento e o 40% do resto das variedades brancas citadas no mencionado artigo.

Terán unha gaduación alcohólica adquirida mínima en volume de 10%, unha acidez volátil máxima de 0,70 gramos por litro e un contido en sulfuroso non superior a 150 miligramos por litro.

b) Branco Monterrei superior: elaborado co 85% de uvas dunha das variedades brancas preferentes citadas no artigo 5.1 deste regulamento e o 15% de calquera do resto das variedades brancas preferentes recollidas no mencionado artigo.

A graduación alcohólica adquirida mínima en volume destes viños será do 11%; cunha acidez volátil inferior a 0,65 g por litro e un contido en sulfuroso inferior a 140 miligramos por litro.

c) Tinto Monterrei: elaborado cun 60% de uvas das variedades tintas preferentes no artigo 5.1 deste regulamento e o 40% do resto das variedades tintas recollidas no mencionado artigo.

Terán unha graduación alcohólica adquirida en volume mínima de 10%, cunha acidez volátil máxima de 0,7 g por litro e un contido en sulfuroso non superior a 140 miligramos por litro.

d) Tinto Monterrei superior: elaborado co 85% de uvas dunha das variedades tintas preferentes citadas no artigo 5.1 desta regulamento e o 15% da outra variedade preferente recollida no mencionado artigo.

A graduación alcohólica volátil adquirida en volume mínima será de 10,5%; cunha acidez volátil máxima de 0,65 g por litro e un contido en sulfuroso non superior a 130 miligramos por litro.

CAPÍTULO V

Rexistros

Artigo 13.

1.-O consello regulador levará os seguintes rexistros:

a) Rexistro de viños.

b) Rexistro de adegas de elaboración.

c) Rexistro de adegas de almacenamento.

d) Rexistro de adegas embotelladoras.

2.-Para poder optar a inscribirse nos ditos rexistros, as adegas e instalacións deberán estar situadas nas unidades xeográficas relacionadas no artigo 4.1 desta regulamento.

3.-As solicitudes de inscrición dirixiranse ó consello regulador, nos impresos que dispoña o consello regulador, xuntando os datos, documentación e comprobantes que en cada caso sexan requiridos polas disposicións e normas vixentes.

Formulada a petición, as parcelas ou as adegas, deberán ser inspeccionadas polo persoal técnico que designe o consello regulador, co fin de compraba-las súas características e se reúnen as condicións esixidas por este regulamento.

4.-O consello regulador denegará, de maneira motivada, as inscricións que non se axusten ó preceptuado neste regulamento ou ós acordos adoptados por aquel sobre condicións complementarias de carácter técnico que deban reuni-las viñas e adegas.

5.-A inscrición nestes rexistros non exime ós interesados da abriga de inscribirse naqueloutros que, con carácter xeral, estean establecidos na lexislación vixente, e en especial no Rexistro de Industrias Agroalimentarias e no de Embotelladores e Envasadores, se é o caso, o que deberá acreditarse, con anterioridade á inscrición nos rexistros do consello regulador.

Artigo 14.

1.-No rexistro de viños, unicamente podarán inscribirse aquelas situadas na zona de producción e das que a uva poida ser destinada á elaboración dos viños protexidos.

2.-Na inscrición figurará o nome do propietario, e, se é o caso, o do colono, arrendatario ou calquera outro titular do dominio útil; o nome da viña, lugar, parroquia e termo municipal na que está situada; superficie en producción, marco de plantación, variedade ou variedades do viñedo, idade do viñedo así como os porta enxertos e cantos datos sexan necesarios para a súa correcta clasificación e localización.

3.-Coa solicitude de inscrición xuntarase un plano ou deseño acotado, detallado, segundo determine o consello regulador, das parcelas obxecto dela, e a autorización de plantación expedida pola autoridade competente.

4.-O consello regulador entregará ós viticultores inscritos unha credencial da dita inscrición.

3.-A inscrición no rexistro de viños é voluntaria así como a correspondente baixa del. Unha vez producida esta, deberán transcorrer 5 anos antes de que o viñedo en cuestión poida volver a inscribirse, salvo cambio de titularidade.

Artigo 15.

1.-No rexistro de adegas de elaboración inscribiranse todas aquelas que, situadas na zona de producción, vinifiquen uvas procedentes de viñas inscritas, e das que os viños poidan optar ó uso da denominación de orixe e que cumpran tódolos requisitos que estipula este regulamento ou que acorde o consello regulador.

2.-Na inscrición figurará: o nome da empresa; lugar, localidade e municipio onde estea situada; características, número, capacidade dos envases e maquinaria; sistema de elaboración e demais datos necesarios para a debida identificación e catalogación da adega.

En caso de que a empresa elaboradora non sexa propietaria dos locais, farase constar, acreditando esta circunstancia, así como a identidade do propietario.

3.-Coa solicitude de inscrición xuntarase un plano ou deseño acotado, a escala conveniente, onde se reflicten tódolos detalles de construcción e instalacións.

Artigo 16.

No rexistro de adegas de almacenamento inscribiranse todas aquelas situadas na zona de producción que vaian dedicarse ó almacenamento de viños amparados pola denominación de orixe. Na inscrición figurarán os datos ós que se fai referencia no artigo 15.

Artigo 17.

No rexistro de adegas embotelladoras inscribiranse tódalas que, encontrándose situadas no interior da zona de producción, vaian dedicarse ó embotellado do viño amparado pola denominación de orixe Monterrei. Na inscrición figurarán os datos a que se refire o artigo 15 ademais dos correspondentes a instalacións e maquinaria de estabilización e embotellado, así como superficie e capacidade delas.

Artigo 18.

1.-Para a vixencia das inscricións nos correspondentes rexistros será indispensable cumprir en todo momento cos requisitos que impón o presente capítulo, debendo comunicar ó consello regulador calquera variación que afecte ós datos subministrados na inscrición, cando esta se produza. En consecuencia o consello regulador podará suspender ou anula-las inscricións cando os titulares destas non se ateñan a tales preceptos.

2.-O consello regulador efectuará inspeccións periódicas para compraba-la efectividade do dispos

to no presente capítulo, quedando facultado para adopta-las medidas necesarias.

3.-Tódalas inscricións nos diferentes rexistros serán voluntarias e renovaranse no prazo e maneira que determine o consello regulador.

CAPÍTULO VI

Dereitos e obrigas

Artigo 19.

1.-Só as persoas físicas ou xurídicas que teñan inscritos os seus viñedos ou instalacións nos rexistros indicados no artigo 13 poderán producir uvas con destino á elaboración de viños ou elaborar, almacenar e embotella-los amparados pola denominación de orixe Monterrei.

2.-Soamente poderá aplicarse a denominación de orixe Monterrei ós viños procedentes de adegas inscritos nos rexistros correspondentes, producidos e elaborados con conforme ás normas esixidas por este regulamento e que reúnan as condicións enolóxicas e organolépticas que deban caracterizalos.

3.-O dereito ó emprego do nome da denominación de orixe Monterrei en propaganda, publicidade, documentación ou etiquetas é exclusivo das firmas inscritas nos rexistros do consello regulador.

4.-Toda persoa física ou xurídica inscrita nalgún dos devanditos rexistros queda obrigada ó cumprimento das disposicións deste regulamento e dos acordos que, dentro das súas competencias, dicten a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, e o consello regulador da denominación de orixe Monterrei, así como a satisface-las exaccións que lles correspondan.

Artigo 20.

1.-As persoas físicas ou xurídicas que teñan inscritas viñas ou adegas só poderán ter almacenadas as súas uvas, mostos ou viños nos terreos ou locais declarados nos rexistros, perdendo en caso contrario o dereito á denominación.

2.-Nas adegas inscritas nos distintos rexistros do consello regulador que se recollen no artigo 13 deste regulamento, non poderá realizarse a elaboración, almacenamento ou manipulación de uvas, mostos ou viños obtidos de uvas procedentes de superficies vitícolas situadas fóra da zona de producción da denominación de orixe.

3.-Sen embargo, nas distintas adegas inscritas, autorízase a recepción de uvas, a elaboración e almacenamento de viños que procedan da zona de producción, aínda cando non procedan de viñedos inscritos, sempre que estas operacións, así como a manipulación e almacenamento dos productos obtidos, realícese de forma separada dos que opten a ser amparados pola denominación.

Artigo 21.

As marcas, símbolos, emblemas, lendas publicitarias ou calquera outro tipo de propaganda que se

empregue, aplicada ós viños con denominación de orixe Monterrei non poderán ser utilizadas, nin sequera polos propios titulares, na comercialización doutros viños ou bebidas derivadas do viño.

Artigo 22.

1.-Nas etiquetas dos viños embotellados figurará sempre de maneira destacada a mención Denominación de Orixe Monterrei ademais dos datos que con carácter xeral se determinen na lexislación aplicable.

2.-As mencións no etiquetado relativas a subzonas, variedades de vide, ano de colleita e demais facultativas, axustaranse ó disposto neste regulamento e á lexislación aplicable que lles afecte.(Real decreto 157/1988, normativa á que deben axustarse as denominacións de orixe e os seus respectivos regulamentos; Regulamento (CEE) 2.392/1989, polo que se establecen as normas xerais para a designación e presentación dos viños e mostos de uva; Regulamento (CEE) 3.201/1990, sobre modalidades de aplicación para a designación e presentación dos viños e mostos de uva).

3.-Antes da posta en circulación de etiquetas, estas deberán ser autorizadas polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei para os efectos que se relacionen con este regulamento. Será denegada a aprobación daquelas etiquetas que por calquera causa poidan dar lugar a confusión no consumidor, así como poderá ser anulada a autorización dunha xa concedida anteriormente se variasen as circunstancias da firma propietaria dela, logo de audiencia ó interesado, todo iso sen prexuízo das competencias que correspondan á Dirección Xeral de Política Alimentaria en materia de supervisión do incumprimento das normas xerais de etiquetado.

4.-Tódolos envases nos que se expidan os viños con destino ó consumo irán provistos de precintos de garantía, etiquetas ou contraetiquetas numeradas, expedidas polo consello regulador, que deberán ser colocadas na propia adega de acordo coas normas que determine o consello, sempre de maneira que non permitan unha segunda utilización.

5.-No caso dos embotelladores por encargo, deberá figurar sempre o nome ou a razón social do embotellador, sen que se admita para os viños protexidos por esta denominación de orixe, a súa substitución polo número de Rexistro de Embotelladores e Envasadores de Viños e Bebidas Alcohólicas.

6.-O consello regulador adoptará e rexistrará un emblema como símbolo da denominación de orixe Monterrei logo da aprobación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

7.-Así mesmo, o consello regulador poderá facer obrigatorio que no exterior das adegas inscritas, e en lugar destacado, figure unha placa que reproduza o logotipo da denominación.

Artigo 23.

Toda expedición de uva, mosto, viño ou calquera outro producto da uva ou subproducto da vinificación que teña lugar entre firmas inscritas, aínda perten

centes á mesma razón social, deberá ir acompañada, ademais de pola documentación establecida na lexislación vixente, por un volante de circulación entre adegas expedido polo consello regulador con anterioridade á súa execución, aínda nos casos en que a expedición se efectúe dunha adega inscrita a outra non inscrita.

Artigo 24.

Os viños embotellados, amparados pola denominación de orixe Monterrei unicamente poden circular e ser expedidos polas adegas inscritas en tipos de envases que non prexudiquen a súa calidade e prestixio.

O consello regulador poderá determina-los tipos e medidas dos envases para a comercialización, facendo obrigatorio o seu emprego co fin de alcanza-los devanditos obxectivos.

Os envases deberán ser de vidro, das capacidades autorizadas pola Comunidade Económica Europea, con exclusión expresa das botellas de 1 1itro.

Artigo 25.

O consello regulador controlará en cada campaña as cantidades de viños amparados pola denominacion que poderán ser expedidos por cada firma inscrita nos rexistros de adegas, de acordo coa producción de uva propia ou adquirida, entradas de mostos ou viños doutras firmas inscritas e existencias de campañas anteriores.

Artigo 26.

O consello regulador facilitaralles ás persoas físicas ou entidades inscritas no rexistro de viñas un documento ou cartilla de viticultor, no que se exprese a superficie de viñedo inscrita con desagregación de variedades, así como a producción máxima admisible para cada campaña, podendo establecerse outros datos que se consideren necesarios, co obxecto dunha mellor identificación e control. O dito documento irá acompañado de talonario con matriz, do que o viticultor, unha vez cuberto cos datos requiridos, entregará un exemplar á adega de elaboración inscrita, receptora da correspondente partida de uva, no momento da súa entrega ou acompañando ó transporte para os efectos de xustifica-la orixe dela.

Artigo 27

1.-Co obxecto de poder controla-la producción, elaboración e existencias, así como as calidades, tipos e canto sexa necesario para poder acredita-la calidade e a orixe dos viños, as persoas físicas ou xurídicas titulares das viñas e adegas estarán abrigadas a presentar ante o consello regulador as seguintes declaracións:

a) Tódolos inscritos no rexistro de viñas presentarán, unha vez finalizada a vendima e, en todo caso, antes do 30 de novembro de cada ano, declaración da colleita de uva obtida en cada un dos viñedos inscritos, indicando o destino da uva e, en caso de venda, o nome do comprador e o seu domicilio. Se se producen distintas variedades e tipos de uva, deberá declararse a cantidade de cada unha delas. As asociacións de viticultores poderán tramitar nun só documento a dita declaración, cunha relación anexa dos nomes, cantidades e demais datos correspondentes a cada socio.

b) Tódolos inscritos no rexistro de adegas de elaboración deberán declarar, antes do 30 de novembro de cada ano, a cantidade de mosto e viño obtido, especificando os diversos tipos que elaboren. Será obrigatorio consigna-la procedencia da uva e, en caso de venda durante a campaña, o destino dos productos que se expidan, indicando destinatario e cantidade. Mentres teña existencias deberá declarar mensualmente ó consello regulador as vendas efectuadas.

c) Tódolos inscritos no rexistro de adegas de almacenamento e de embotelladoras presentarán, dentro dos dez primeiros días de cada mes, unha declaración de entradas e saídas de productos amparados durante o mes anterior, indicando a procedencia dos viños adquiridos. En todo caso distinguiranse os diferentes tipos de viños.

2.-As obrigas fixadas no apartado anterior non eximen ós interesados do cumprimento de efectua-las declaracións de existencias, producción e elaboración que se recollen con carácter xeral na regulamentación da Comunidade Económica Europea, e na Lei 25/1970, do estatuto da viña, do viño e dos alcohois e na demais normativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

CAPITULO VII

Do consello regulador

Artigo 28

1.-O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei é un organismo dependente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, con carácter de órgano desconcentrado e con atribucións decisorias en cantas funcións se lle encomendan neste regulamento, de acordo co que determina o artigo 87 da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do estatuto da viño, do viño e dos alcohois.

2.-O seu ámbito de competencia, sen prexuízo do establecido no artigo 20, estará determinado:

a) No territorial, pola zona de producción da denominación de orixe Monterrei.

b) En razón dos productos, polos protexidos pola denominación en calquera das súas fases de producción, elaboración, circulación e comercialización.

c) En razón das persoas, polas inscritas nos diferentes rexistros.

Artigo 29.

É misión principal do consello regulador aplica-los preceptos deste regulamento e velar polo seu cumprimento, para o que exercerá as funcións que se recollen no artigo 87 da Lei 25/1970 e disposicións complementarias, así como as que expresamente se indican no articulado desta regulamento.

Artigo 30.

O consello regulador queda expresamente autorizado para vixia-lo movemento de uvas, mostos e

viños non protexidos pola denominación de orixe que transiten, se elaboren ou comercialicen dentro da zona de producción, dando conta das actuacións desenvolvidas á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, sen prexuízo da intervención dos organismos competentes no devandito control.

Artigo 31.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei estará constituído por:

a) Un presidente.

b) Un vicepresidente.

c) Cinco vocais en representación do sector vitícola, titulares de viñedos inscritos no rexistro de viñas do consello regulador, debendo estar representados tanto os viticultores individuais como os adheridos a cooperativas e sociedades agrarias de transformación. En calquera caso, deberá existir representación das subzonas definidas neste regulamento.

d) Cinco vocais en representación do sector vinícola, titulares de adegas inscritas nos rexistros do consello regulador. Deberán estar representadas as subzonas definidas neste regulamento.

e) Dous vocais técnicos con especiais coñecementos sobre vitícultura e enoloxía, un en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e outro en representación da Consellería de Industria e Comercio, que asistirán ás reunións do consello regulador con voz pero sen voto.

2.-O presidente e vicepresidente serán designados polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes a proposta dos vocais electos.

O presidente será elixido entre os propostos por un dos sectores, e o vicepresidente, de entre os propostos polo outro sector.

3.-Por cada un dos vocais dos sectores vitícola e vinícola do consello regulador designarase un suplente, elixido da mesma forma que o titular.

4.-Os vocais do consello regulador serán renovados cada catro anos e poderán ser reelixidos.

5.-No caso de cesamento dun vocal, por calquera causa legal, a súa vacante será cuberta polo substituto, que permanecerá no seu cargo ata que se celebre a seguinte renovación do consello regulador.

6.-O prazo para a toma de posesión dos vocais será como máximo de un mes, a contar desde a data da súa proclamación.

7.-Causará baixa o vocal que durante o período de vixencia do seu cargo sexa sancionado por infracción nas materias que regula este regulamento, ben persoalmente, ou ben a firma á que representa. Igualmente, causará baixa por ausencia inxustificada a dúas sesións consecutivas ou tres alternas no período de un ano, ou por causar baixa nos rexistros do consello regulador, ou por perde-la súa vinculanción co sector que o elixiu ou coa sociedade á que pertencese.

Artigo 32.

Os vocais elixidos da maneira que se determina no artigo anterior deberán estar vinculados ós sectores que representan, ben directamente, ou por ser directivos de sociedades que se dediquen ás actividhdes aquí reguladas. Non obstante, unha mesma persoa física ou xurídica inscrita en varios rexistros do consello regulador non poderá ter neste representación dobre.

Artigo 33.

1.-Ó presidente correspóndelle:

a) Representar ó consello regulador. Esta representación podará delegala de maneira expresa nos casos que sexa necesario.

b) Cumprir e facer cumpri-las disposicións legais e regulamentarias.

c) Administra-los ingresos e fondos do consello regulador e ordena-los pagamentos, de acordo coas decisións tomadas polo pleno.

d) Convocar e presidi-las sesións do consello, sinala-la orde do día, sametendo á súa decisión os asuntos da súa competencia e executa-los acordos adoptados.

e) Propoñer ó consello regulador a organización do réxime interior do consello.

f) Contratar, suspender ou renova-lo perseal do consello regulador, logo de aprobación do pleno del.

g) Organizar e dirixi-los servicios.

h) Informa-los organismos superiores das incidencias que na producción e mercado se produzan.

i) Remitir á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia e a outros organismos interesados, aqueles acordos que, para cumprimento xeral, acorde o consello en virtude das atribucións que lle confire este regulamento e aqueles que pola súa importancia coide que deben ser coñecidos por eles.

j) Aqueloutras funcións que o consello acorde ou que lle encomende a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

2.-A duración do mandato do presidente será de catro anos e podará ser reelixido.

3.- O presidente cesará:

a) Ó expira-lo termo do seu mandato.

b) Por petición propia, unha vez aceptada a súa demisión.

c) Por decisión da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo de incoación e resolución de expediente para o efecto, por incorrer nalgunha das causas xerais de incapacidade establecidas na lexislación vixente ou por perda de confianza do pleno.

d) Polas demais causas recoñecidas no ordenamento xurídico.

4.-En caso de cesamento ou falecemento, o consello regulador, no prazo de dous meses, propoñerá un candidato para a designación de novo presidente,

comunicándollo á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a súa designación.

5.-As sesións de constitución do consello regulador e as que teñan por obxecto a elección dun presidente serán presididas por unha mesa de idade composta polo vocal de maior idade e dous máis novos.

Artigo 34.

Correspóndelle ó vicepresidente do consello regulador substituír ó presidente en casos de ausencia, enfermidade e nos demais previstos neste regulamento.

No exercicio das súas funcións como presidente, o vicepresidente terá as competencias e abrigas daquel.

Artigo 35.

1.-O consello reunirase cando o convoque o presidente, ben por propia iniciativa ou por petición da metade dos vocais, sendo obrigatorio celebrar sesión, polo menos, unha vez ó trimestre.

2.-As sesións do consello regulador convocaranse con oito días de antelación polo menos, debendo acompañar á citación a orde do día para a reunión, na que non se poderá tratar máis asuntos que os previamente sinalados.

En caso de necesidade, cando así o requira a urxencia do asunto a xuízo do presidente, citarase ós vocais polos medios adecuados, con vintecatro horas de anticipación como mínimo.

Para a inclusión na orde do día dun asunto determinado non incorporado polo presidente, citarase ós vocais polos medios adecuados, con vintecatro horas de anticipación como mínimo.

O consello regulador quedará validamente constituído, cando estean presentes a totalidade dos seus membros e así o acorden por unanimidade.

3.-Cando un titular non poida asistir notificarallo ó consello regulador, para os efectos de que poida ser substituído polo seu suplente.

4.-Os acordos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei adoptaranse por maioría dos membros presentes, e para a validez deles será necesario que concorran máis da metade dos seus membros con dereito a voto. O presidente terá voto de calidade.

5.-Para resolver cuestións de trámite, ou naqueles casos nos que se coide necesario, podará constituírse unha comisión permanente, que estará formada polo presidente e dous vocais titulares designados polo pleno do organismo, un en representación de cada sector.

Na sesión en que se acorde a constitución da devandita comisión permanente aprobaranse tamén as misións específicas que lle competen e as funcións que exercerá.

Tódalas resolucións que tome a comisión permanente serán comunicadas ó pleno do consello na primeira reunión que este celebre.

O pleno do consello regulador poderá, así mesmo, establecer outra comisión para tratar ou resolver asuntos concretos.

Artigo 36.

1.-Para o cumprimento dos seus fins, o consello regulador contará co perscal necesario conforme ós cadros de persoal aprobados polo consello regulador e que figuren dotados no seu orzamento.

2.-O consello regulador terá un secretario, designado polo propio consello, por proposta do presidente, do que dependerá directamente, e que terá como cometidos específicos os seguintes:

a) Prepara-los traballos do consello e tramita-la execución dos seus acordos.

b) Asistir ás sesións con voz, pero sen voto, cursa-las convocatorias, levanta-las actas e custodia-los libros e documentos do consello.

c) Os asuntos relativos ó réxime interior do consello tanto de perseal como administrativo.

d) Actuar como instructor nos expedientes sancionadores incoados polo consello regulador.

e) As demais funcións que lle encomede o presidente relacionadas coa preparación e instrumentación dos asuntos da competencia do consello regulador.

3.-Para as funcións técnicas que teñen encomendadas, o consello contará cos servicios necesarios.

4.-Para os servicios de control e vixilancia contará con inspectores propios. Estes instructores serán designados polo consello regulador e habilitados, logo de solicitude do consello regulador, pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, coas seguintes funcións inspectoras:

a) Sobre os viñedos situados na zona de producción.

b) Sobre as adegas situadas na zona de producción.

c) Sobre os viños protexidos na zona de producción.

5.-O consello regulador poderá contratar, para efectuar traballos urxentes, o persoal necesario, sempre que teña aprobada no orzamento a dotación para este concepto.

6.-A todo o persoal do consello, tanto de carácter fixo como eventual, seralle de aplicación a lexislación laboral vixente.

Artigo 37.

1.- O consello establecerá un comité de cualificación dos viños, formado por cinco expertos, como mínimo, e un delegado do presidente do consello, que terá como cometido a realización das funcións recollidas no artigo 12 deste regulamento. Este comité poderá contar cos asesoramentos técnicos que coide necesarios.

2.-Por proposta do consello regulador, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes dictará normas relativas á constitución e funcionamento do comité de cualificación dos viños protexidos por esta denominación de orixe, así como normas de desenvolvemento do disposto no artigo 11 deste regulamento.

Artigo 38.

1.-0 financiamento das obrigas do consello efectuarase cos seguintes recursos:

1.1.-Co producto das exaccións parafiscais que se fixan no artigo 90 da Lei 25/1970, ás que se aplicarán os tipos seguintes:

a) 1 por 100 á exacción sobre plantacións.

b) 1,5 por 100 á exacción sobre productos amparados comercializados.

c) Por expedición de certificacións ou visado de facturas haberá que aterse ó establecido en cada caso pola normativa correspondente.

d) O dobre do prezo de custo sobre os precintos, ou contraetiquetas.

Os suxeitos pasivos de cada unha das exaccións son:

Da a), os titulares das plantacións inscritas.

Da b), os titulares das adegas inscritas que expidan viño amparado pola denominación ó mercado.

Da c), os titulares das adegas inscritas solicitantes de visados, de facturas ou certificados.

Da d), os titulares de empresas solicitantes de precintos ou contraetiquetas.

1.2.-As subvencións, legados e donativos que reciban.

1.3.-As cantidades que puidesen percibirse en concepto de indemnizacións por danos e perdas ocasionados ó consello ou intereses que representa.

1.4.-Os bens que constitúen o seu patrimonio e os productos e vendas del.

2.-Os tipos impositivos fixados neste artigo poderán ser variados, por proposta do consello regulador, pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, dentro dos límites sinalados no artigo 90 da Lei 25/1970, e no seu regulamento aprobado por Decreto 835/1972, do 23 de marzo, cando as necesidades orzamentarias do consello así o aconsellen.

3.-A xestión dos ingresos e gastos que figuren nos orzamentos corresponde ó consello regulador.

4.-A aprobación dos orzamentos do consello regulador e da súa contabilidade será efectuada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, de acordo coas normas establecidas por este centro e coas atribucións e funcións que lle asigne a lexislación vixente na materia.

Artigo 39.

1.-Os acordos do consello regulador que non teñan carácter particular e afecten a unha pluralidade de suxeitos poderán notificarse mediante o envío de circulares ás adegas inscritas e expoñéndoas nas oficinas do consello regulador. Tamén se remitirán ás cámaras agrarias e ós concellos dos municiptos incluídos dentro da zona de producción e ás organizacións legalmente constituídas do sector. A exposición das ditas circulares publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 42.

Segundo dispón o artigo 129.2 do Decreto 835/1972,

do 23 de marzo, as infraccións cometidas polas per-

soas inscritas nos rexistros da denominación clasifícanse,

para efectos da súa sanción, na forma seguinte:

A) Faltas administrativas:

Son, en xeral, as inexactitudes e omisións nas declaracións, asentamentos, libros de rexistro, volantes de circulación e outros documentos de control que garanten a calidade e orixe dos productos, e especialmente as seguintes:

1.-Inexactitudes e omisións de datos e comprobantes nos casos en que sexan precisos para a inscrición nos diferentes rexistros, sempre que non sexan determinantes para a inscrición.

2.-Non comunicar ó consello regulador, no prazo de un mes desde o momento en que se produza, calquera variación que afecte ós datos subministrados no momento da inscrición nos rexistros.

3.-Incumprimento por inexactitudes ou omisións do establecido neste regulamento e nos acordos do consello regulador sobre declaracións de colleita, elaboración e existencias de viños.

4.-O incumprimento do precepto de utiliza-lo documento comercial autorizado, así como a expedición de productos sen ir acompañada da previa autorización de traslado do consello regulador.

5.-A falla de libros de rexistro, ou cantos outros documentos sexan obrigatorios conforme o presente regulamento.

6.-As restantes infraccións ó regulamento, ou ós acordos do consello regulador, na materia a que se refire este apartado A).

As faltas administrativas sancionaranse con apercibimento ou multa do 1 ó 10 por 100 da base por cada hectárea en caso de viñedos, ou do valor das mercadorías afectadas.

B) Infraccións ó establecido no regulamento sobre producción, elaboración e características dos viños protexidos.

Son as seguintes:

1.-O incumprimento das normas sobre prácticas de cultivo.

2.-Expedir ou utilizar para a elaboración dos productos amparados, uva, mosto ou viño con rendementos superiores ós autorizados.

3.-Empregar na elaboración de viños protexidos, uva de variedades distintas ás autorizadas, ou uva de variedades autorizadas en proporcións distintas ás establecidas.

4.-O incumprimento das normas de elaboración dos viños.

5.-As restantes infraccións que se produzan contra o disposto no regulamento ou nos acordos do consello regulador, na materia a que se refire este apartado B).

Estas infraccións sancionaranse con multas do 2 ó 20 por 100 da base por cada hectárea, en caso de viñedos, ou do valor das mercadorías afectadas, e neste último caso poderá ser aplicado ademais o comiso.

C) Infraccións por uso indebido da denominación ou por actos que poidan causarlle prexuízo ou desprestrixio.

Son as seguintes:

1.-A utilización de nomes comerciais, marcas, símbolos ou emblemas que fagan referencia a esta denominación de orixe ou ós nomes protexidos por ela na comercialización doutros viños ou doutros produdos de similar especie.

2.-O uso da denominación en viños que non fosen elaborados, producidos ou embotellados de acordo coas normas establecidas pola lexislación vixente e por este regulamento, ou que non reúnan as condicións enolóxicas e organolépticas que deban caracterizalos.

3.-O uso de nomes comerciais, marcas ou etiquetas non aprobadas polo consello regulador.

4.-As infraccións ó disposto no artigo 20 deste regulamento.

5.-A indebida tenza, negociación ou utilización de documentos, precintos, etiquetas, contraetiquetas, selos, etc., propios da denominación.

6.-A existencia de uvas, mostos ou viños en adegas inscritas, sen a preceptiva documentación que ampare a súa procedencia, ou a existencia en adega de documentos que acredite unhas existencias de uvas, mostos ou viños protexidos pola denominación sen a contrapartida destes productos.

7.-A expedición de viños que non correspondan ás características de calidade mencionada nos seus medios de comercialización.

8.-A expedición, circulación ou comercialización de viños amparados en tipos de envases non aprobados polo consello regulador.

9.-A expedición, circulación ou comercialización de viños amparados pola denominación desprovistos dos precintos ou contraetiquetas numeradas ou carentes do medio de control establecido polo consello.

10.-Efectua-lo embotellado, precintado ou contraetiquetado de envases en locais que non sexan as adegas inscritas e autorizadas polo consello regulador ou non axustarse ós acordos do consello nesta materia.

11.-Falsear ou omitir nas declaracións para a inscrición nos distintos rexistros os datos e comprobantes que en cada caso sexan precisos, sempre que sexan determinantes para a inscrición.

12.-A manipulación, traslado ou disposición, en calquera forma, de mercadoría cautelarmente intervida polo consello regulador.

13.-O non pagamento das exaccións parafiscais previstas no artigo 38 por parte dos suxeitos pasivos de cada unha das devanditas exaccións.

14.-En xeral, calquera acto que contraveña o disposto neste regulamento ou nos acordos do consello regulador e que prexudique ou desprestixie a denominación ou supoña un uso indebido dela.

Estas infraccións sancionaranse con multa que irá desde vinte mil pesetas ata o dobre do valor da mercadoría ou productos afectados, cando o dito valor supere aquela cantidade, levando aparellado o comiso do producto en cuestión.

D) Infraccións por obstrucción ás tarefas inspectoras ou de control do consello regulador.

Son as seguintes:

1.-A negativa ou resistencia a subministra-los datos, facilita-la información ou a permiti-lo acceso á documentación requirida polo consello regulador ou os seus exentes autorizados, para o cumprimento das funcións de información, vixilancia, investigación, inspección, tramitación e execución nas materias a que se refire este regulamento, ou as demoras inxustificadas para facilita-los ditos datos, información ou documentación.

2.-A negativa á entrada ou permanencia dos axentes autorizados do consello regulador en viñedos, adegas e demais instalacións inscritas e os seus anexos.

3.-A resistencia, coacción, ameaza, represalia ou calquera outra forma de presión ós exentes autorizados do consello regulador, así como a tentativa de exercer tales actos, todo isto de conformidade co artigo 121 do Decreto 835/1972.

Estas infraccións sancionaranse de acordo co disposto no Real decreto 1.945/1983, do 22 de xuño.

Artigo 43

1.-Infraccións cometidas por persoas non inscritas nos rexistros do consello regulador, son:

a) Usar indebidamente a denominación de orixe Monterrei.

b) Utilizar nomes comerciais, marcas, expresións, signos e emblemas que pola súa identidade ou similitude gráfica ou fonética cos nomes protexidos pola denominación de orixe Monterrei, ou cos signos ou emblemas característicos dela, poidan inducir a confusión sobre a natureza e a orixe dos productos, sen prexuízo dos dereitos adquiridos, que sexan debidamente recoñecidos polos organismos competentes.

c) Emprega-los nomes xeográficos protexidos pola denominación de orixe Monterrei en etiquetas e propaganda de productos sen dereito á denominación, aínda que vaian precedidos polos termos «tipo» ou outros análogos.

d) Calquera acción que cause prexuízo ou desprestixio á denominación e tenda a producir confusión no consumidor respecto a ela.

2.-Estas infraccións sancionaranse con multa que irá dende vinte mil pesetas ata o dobre do valor da mercadoría, cando este valor supere aquela cantidade, ademais do seu comiso.

Artigo 44.-Para a aplicación das sancións previstas nos artigos anteriores terase en conta as seguintes normas:

1.-Aplicaranse no seu grao mínimo:

a) Cando se trate de simples irregularidades na observancia das regulamentacións, sen transcenden

cia directa para os consumidores ou que non supoñan beneficio especial para o infractor.

b) Cando se emenden os defectos no prazo sinalado para isto polo consello regulador.

c) Cando se probe que non existiu mala fe.

2.-Aplicaranse no seu grao medio:

a) Cando se produza reiteración na negativa a: facilitar información, prestar colaboración ou permiti-lo acceso á documentación esixida por este regulamento ou polos acordos do consello regulador.

b) Cando a infracción teña transcendencia directa sobre o consumidor ou supoña beneficio especial para o infractor.

c) Cando non se emenden os defectos no prazo sinalado polo consello regulador.

d) Cando a infracción se produza por unha actuación neglixente con inobservancia das normas de atuación expresamente acordados polo consello regulador.

e) En tódolos casos nos que non poceda a aplicación dos graos mínimo ou máximo.

3.-Aplicaranse no seu grao máximo:

a) Cando se probe manifesta mala fe.

b) Cando da infracción se deriven graves prexuízos para a denominación, os seus inscritos ou para os consumidores.

c) Cando se producise obstrucción ós exentes autorizados na investigación da infracción.

4.-Nos casos de infraccións tipificadas no punto 5 do apartado B) do artigo 42 e nos puntos 1, 2, 4, 5, 9, 10, 11, 12, 13 do apartado C) do artigo 42 poderase aplica-la suspensión temporal do dereito ó uso da denominación ou sancionar coa baixa nos rexistros dela.

A suspensión temporal, non superior a tres meses, do dereito ó uso da denominación levará consigo a suspensión do dereito a obter certificados de orixe, precintos, contraetiquetas e demais documentos do consello regulador. A baixa suporá a exclusión do infractor nos rexistros do consello regulador e, como consecuencia, a perda dos dereitos inherentes á denominación.

Artigo 45.

Considérase que hai reincidencia cando o infractor fose sancionado mediante resolución firme, por unha infracción das comprendidas no presente regulamento, durante os cinco anos anteriores.

No caso de reincidencia, as multas serán superiores nun 50% ás establecidas.

Se o reincidente cometese nova infracción, as multas poderán ser elevadas ata o triple.

Artigo 46.

Poderase aplica-lo comiso das mercadorías, como sanción única ou como accesoria doutra principal,

se é o caso, ou o pagamento do importe do seu valor cando o comiso non sexa factible.

Artigo 47.

1.-O procedemento sancionador poderá iniciarse en virtude das actas redactadas polos inspectores habilitados do consello regulador, por comunicación dalgunha autoridade ou órgano administrativo ou por denuncia formulada polos particulares sobre algún feito ou conducta que poidan ser constitutivos de infracción.

2.-As actas de inspección redactaranse por triplicado e serán subscritas polo inspector e o dono ou representante da firma, establecemento ou almacén ou encargado da custodia da mercadoría, en poder do que quedará unha copia da acta.

Ámbolos dous asinantes poderán consignar na acta cantos datos e manifestacións consideren convenientes para a estimación dos feitos que se consignan nel, así como de cantas incidencias ocorran no acto da inspección ou levantamento da acta.

As circunstancias consignadas polo vedor na acta consideraranse feitos probados, salvo que pola outra parte se demostre o contrario.

Se o interesado na inspección se negase a asina-la acta, o inspector farao constar así, procurando a sinatura dalgún axente da autoridade ou testemuña.

3.-En caso de que o inspector estime conveniente ou o dono da mercadoría ou representante dela, tomaranse mostras do producto obxecto de inspección. Cada mostra tomarase, alomenos, por triplicado e en cantidade suficiente para o exame e análise dela e precintarase e etiquetarase quedando unha en poder do dono ou do seu representante.

4.-Cando o inspector que redacte a acta o estime necesario poderá dispoñer que a mercadoría quede retida ata que o instructor do expediente dispoña o pertinente, dentro do prazo de corenta e cinco días hábiles a partir da data de redacción da acta de inspección.

As mercadorías retidas consideraranse como mercadorías en depósito, non podendo por tanto, ser trasladadas, manipuladas, ofrecidas en venda ou vendidas. No caso de que se estime procedente poderán ser precintadas.

5.-De acordo cos artigos 39 e 40 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o consello regulador poderá solicitar informes ás persoas que considere necesario ou facerlles comparecer para este fin nas oficinas nas que se tramiten as actuacións para aclarar ou complementa-los extremos contidos nas actas levantadas polos inspectores e como dilixencia previa á posible incoación de expediente.

Artigo 48.

1.-A incoación e instrucción dos expedientes sancionadores corresponderá ó consello regulador cando o infractor estea inscrito nalgún dos seus rexistros.

2.-A resolución dos expedientes incoados polo consello regulador corresponderá ó propio consello cando a suma non exceda de 50.000 ptas. Se excedese desta cantidade, elevará a súa proposta á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Para os efectos de determina-la competencia a que se refire o apartado anterior, adicionarase o valor do comiso ó importe da sanción.

3.-Nos expedientes de carácter sancionador incoados polo consello regulador actuará como instructor o secretario do consello e como secretario o letrado do consello ou, en caso de non habelo, unha persoa ó servicio del, asegurando, en todo caso, a adecuada separación entre as fases de instrucción e resolución, de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4.-A decisión sobre o comiso definitivo dos productos ou o destino destes corresponderá a quen teña atribuída a facultade de resolve-lo expediente.

5.-As infraccións a este regulamento prescriben ós cinco anos da súa comisión, polo que toda a documentación que a determina nel, respecto ós productos a que se refire deberá ser conservada durante o devandito período.

Artigo 49.

1.-En tódolos casos en que a resolución do expediente sexa con sanción, o infractor deberá aboa-los gastos orixinados pola toma e análise de mostra ou polo recoñecemento que se realizase e demais gastos que ocasione a tramitación e resolución do expediente.

2.-As multas deberán aboarse dentro do prazo de 15 días hábiles inmediatos ó da súa notificación, así como os gastos a que fai referencia o apartado anterior. No caso de non efectuarse no prazo citado, procederase ó seu cobro pola vía de constrinxemento.

Artigo 50.

Nos casos en que a infracción concerna ó uso indebido da denominación, o consello regulador, sen prexuíxo das actuacións e sancións administrativas pertinentes, poderá acudir ós tribunais de xustiza, exercendo as accións civís e penais oportunas recoñecidas.