Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 124

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, po la que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente A.T. 104/1994).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Hidroeléctrica de Silleda con domicilio en Vigo, no que solicita autorización

para instalar unha L.M.T. e un C.T. en Carballo-Oleiros, concello de Silleda, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Hidroeléctrica de Silleda, a instalación de unha L.M.T. e un C.T. en Carballo-Oleiros, concello de Silleda.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 25 de outubro de l994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra