Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 124

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 9/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Unión Eléctrica S.A., con domicilio en Vigo, no que se solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e de acordo co disposto no Real decreto 2.634/1980, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria,

Esta delegación provincial resolveu:

Autorizar a Unión Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

L.M.T. aérea, a 10/20 kV, de 316 m de lonxitude, con conductores LA-56 e apoios de formigón e metálicos, desde o apoio nº 11 da L.M.T. Vilagarcía-Cambados ata o C.T. que se proxecta en Galáns-Corón, concello de Vilanova de Arousa. Un C.T. de 160 kVA, relación de transformación 10/20 kV 398/230 V. Redes de R.T. de 8.765 m de lonxitude, con conductores R.Z.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá enirar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 28 de outubro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra