Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 124

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se empraza ás partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 5.189/1994, interposto por Adolfo González Soto e outros.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 5.189/1994, interposto por Adolfo González Soto e outros, contra acordo da C.P.U. de Pontevedra o 20-12-93, e desestimación presunta do recurso de alzada ante a C.P.T.O.P.V. o 4-4-94, sobre autorización de construcción dun tanatorio a Pompas Fúnebres, S.L. en Pardeso-Montecelo, esta conselleria resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1994.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda