Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 123

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 392/7994, do 23 de decembro, polo que se declara a utilidade pública e se dispon a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de alargamento e mellora do firme da estrada PO-400, tramo As Neves-Arbo (II) de clave N/PO/89.16.4.2.

Con data 21 de novembro de 1994, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o expediente de información pública e, definitivamente, o proxecto de trazado da obra de alargamento e mellora do firme da estrada PO-400, tramo As Neves-Arbo.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas, e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Considérase xustificada a referida declaración por estar incluída nas actuacións programadas no itinerario O Porriño-Filgueira, con outros tramos xa en construcción, e por contar con financiamento Interreg II da Unión Europea.

En virtude de todo o exposto, e en aplicación do artigo 28.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e catro,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto das obras de alargamento e mellora do firme da estrada PO-400, tramo As Neves-Arbo (II), clave: N/PO/89.16.4.2.

Santiago de Compostela, vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda