Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 120

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 391/1994, do 14 de outubro, polo que se regula a estructura orgánico-funcional do Instituto Galego de Estatística.

As modificacións que a Lei 7/1993, do 24 de maio, introducen na Lei 9/1998, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, así como a necesidade de regulamenta-la composición, funcións e número dos órganos estatísticos sectoriais, previstos nos artigos 37 e 44 da Lei de 1988, fai preciso axeita-la estructura orgánico-funcional do Instituto Galego de Estatística (IGE) á nova situación.

Ná súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de outubro de mil novecentos noventa e catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O Instituto Galego de Estatística é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden as competencias e funcións que en materia de estatística e para os fins da Comunidade Autónoma se establecen na Lei 9/1988, de 19 de xullo, de estatística de Galicia.

Artigo 2º

Para o desempeño das funcións o IGE estructúrase nos seguintes órganos:

1.-Director.

2.-Secretaría Técnica.

3.-Subdirección Xeral de Producción e Análise Estatística.

4.-Subdirección Xeral de Informática e Difusión Estatística.

5.-Órganos estatísticos sectoriais.

Artigo 3º

1º-O director do Instituto Galego de Estatística, con nivel orgánico de director xeral, é o xefe superior do organismo, e terá ademais das atribucións que lle confire o artigo 41 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, as que lle poidan corresponder segundo a lexislación vixente.

2º-Dependendo directamente do director do IGE, existirá un Servicio de Coordinación e Relacións Externas, que terá as seguintes funcións:

a) Coordina-las relacións que, en materia de estatística, o IGE estableza cos distintos organismos da Xunta e demais institucións públicas de Galicia.

b) Coordina-las relacións que, en materia de estatística, o IGE estableza co Instituto Nacional de Estatística, con outros servicios estatísticos estatais, cos órganos estatísticos da Comunidade Autónoma e coa Oficina Estatística da Comunidade Europea.

c) Estudiar e prestar asesoramento sobre a normativa estatística española ou internacional que poida ou deba ser de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Calquera outra función que por encargo do director se lle encomende, en particular, as relativas ó inventario, plans ou proxectos estatísticos, previstos nos artigos 6º e 7º da Lei de estatística de Galicia.

Artigo 4º

Á Secretaría Técnica, con rango de subdirección xeral, corresponderanlle, ademais das tarefas directamente encargadas polo director de cara ó eficaz funcionamento e coordinación da actividade do IGE, as seguintes funcións:

1º-A asistencia técnica ó director en cantos asuntos lle encomende, en especial os de natureza xurídica, xestión económica e réxime interior.

2º-A coordinación e elaboración do anteproxecto do orzamento do organismo.

3º-A coordinación, seguimento e control de todo o concernente á xestión do orzamento, e as súas modificacións.

4º-A coordinación, seguimento e control dos expedientes de gasto e de contratación administrativa.

5º-A coordinación, seguimento e control dos recursos humanos e da habilitación do persoal do IGE.

6º-O seguimento e control dos fondos da tesourería do organismo.

7º-A elaboración e desenvolvemento da contabilidade financeira e a xustificación das contas xerais conforme o plan de contabilidade do IGE.

8º-A admisión dos bens patrimoniais do IGE.

9º-A elaboración e tramitación dos anteproxectos de disposición de carácter xeral e dos convenios que se pretendan subscribir.

10º-A organización, mantemento e custodia do rexistro xeral do IGE.

11º-Substitución do director nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade, en todo o concernente ás funcións ordinarias de despacho ou sinatura de asuntos de mero trámite.

12º-Todas aquelas competencias que expresamente lle sexan encomendadas por delegación do director.

A Secretaría Técnica contará cun Servicio de Xestión Económico-Administrativa, que exercerá as seguintes funcións:

a) A recepción e análise da información precisa para a elaboración do anteproxecto do orzamento do organismo.

b) A tramitación das modificacións orzamentarias e dos expedientes de gasto.

c) O seguimento e maila coordinación da execución orzamentaria así como o control da realización dos obxectivos asignados ós programas.

d) O seguimento do rexistro xeral do IGE, o arquivo de documentos, expedientes, material e cantos outros asuntos se lle encomenden en materia de funcionamento do réxime interior.

e) O control dos ingresos e rendementos que lle poidan corresponder ó IGE.

f) A formación, actualización, valoración e mantemento de inventario xeral de bens e dereitos que integran o patrimonio do IGE.

g) A execución dos pagamentos do IGE, e a obtención de datos para a elaboración dos cadros e contas que sexan preceptivos.

Artigo 5º

1-Á Subdirección Xeral de Producción e Análise Estatística, correspóndenlle, ademais das tarefas directamente encargadas polo director de cara ó eficaz funcionamento e coordinación da actividade do IGE, ás seguintes funcións:

1º-A dirección metodolóxica e técnica do proceso estatístico destinado á promoción e elaboración de:

a) As estatísticas de carácter censual ou mostral de información directa ou derivadas de actos administrativos, relativas ós fenómenos demográficos e socioculturais de Galicia, á actividade económica da poboación, das empresas e dos establecementos dos sectores agrario, pcsqueiro, industrial, da construcción e dos servicios.

b) As contas económicas de Galicia e as táboas input-output.

c) Os indicadores e series estatísticas.

d) Os directorios estatísticos.

2º-O deseño de mostras e métodos de estimación, así coma a planificación dos traballos de campo e oficina.

3º-A elaboración do anteproxecto do Plan Galego de Estatística e a súa eficaz coordinación e execución.

4º-A elaboración dos informes técnicos, demandados polo director do Instituto relativos á implantación de novas tarefas ou proxectos, ou á supervisión dos proxectos técnicos das estatísticas doutros organismos da Xunta de Galicia.

5º-A análise e información das solicitudes externas de datos estatísticos.

6º-O estudio, análise e promoción das metodoloxías, clasificacións, nomenclaturas e códigos estatísticos máis apropiadas de cara á normalización e harmonización da actividade estatística da Xunta de Galicia e á súa coordinación cos demais órganos estatísticos estatais e internacionais.

7º-Participar, en representación do Instituto, nas reunións ou grupos de traballo relativos a materias de estatística da súa competencia.

2.-A Subdirección Xeral de Producción e Análise Estatística contará cos seguintes servicios, que exercerán as funcións que se indican:

2.1.-O Servicio de Estatísticas Demográficas:

a) O estudio, promoción e elaboración de proxectos e, se é o caso, execución ou dirección técnica das fases do proceso estatístico, correspondentes a censos, enquisas ou estatísticas administrativas de carácter demográfico.

b) A elaboración de informes sobre a situación e resultados das tarefas en curso, e sobre a promoción ou implantación de novos proxectos demográficos.

c) A análise e informe das peticións externas de datos relativos ás estatísticas da súa competencia.

d) A participación na formación de directorios ou marcos de mostraxe relativos a unidades estatísticas das que se poidan obter información sobre datos demográficos.

2.2.-O Servicio de Estatísticas Sociais:

a) O estudio, promoción e elaboración de proxectos e, se é o caso, execución e dirección técnica das fases do proceso estatístico, correspondentes a censos, enquisas, estatísticas administrativas e indicadores de carácter social, cultural e de condicións de vida e traballo da poboación e dos fogares.

b) A elaboración de informes sobre a situación e resultados das tarefas en curso, e sobre a promoción ou implantación de novos proxectos no campo estatístico da súa competencia.

c) A análise e informe das peticións externas de datos relativos ás estatísticas da súa competencia.

d) A participación na formación de directores ou marcos de mostraxe relativos a vivendas e fogares.

2.3.-O Servicio de Estatísticas Económicas:

a) O estudio, promoción e elaboración de proxectos e, se é o caso, a execución e dirección técnica das fases do proceso estatístico, correspondente a censos, enquisas ou estatísticas administrativas do campo económico, relativos ós sectores agrario, pesqueiro, industrial, da construcción e dos servicios.

b) O estudio e, se é o caso, elaboración ou adaptación ás necesidades do sistema estatístico de Galicia das nomenclaturas estatísticas de carácter oficial.

c) A elaboración de informes sobre a situación e resultados das tarefas en curso, e sobre a promoción ou implantación de novos proxectos no campo estatístico da súa competencia.

d) A análise e informe das peticións externas de datos relativos ás estatísticas baixo a súa competencia.

e) A participación na formación de directorios ou marcos de mostraxe relativos a unidades económicas.

2.4.-O Servicio de Estatísticas de Conxuntura:

a) O estudio, promoción e elaboración de proxectos e, se é o caso, a execución ou dirección técnica das fases do proceso estatístico, correspondentes á implantación ou mantemento dun sistema de indicadores estatísticos que permita o seguimento da evolución económica conxuntural.

b) O mantemento das bases de datos, tanto con información estatística de producción propia como doutros organismos, necesarias para a xestión da información conxuntural existente. Así mesmo, correspóndelle a posta ó día da metodoloxía estatística e ínformática, necesarias para a extracción, publicación e análise de resultados.

c) A elaboración de informes sobre a situación e resultados das tarefas en curso e sobre a promoción ou implantación de novos proxectos no campo das estatísticas de conxuntura.

d) As demais funcións de cooperación ou coordinación que en materia de estatística da súa competencia lle correspondan dentro das actividades do Instituto.

2.5.-O Servicio de Contabilidade Rexional:

a) O estudio da metodoloxía, promoción e elaboración dos proxectos e, se é o caso, execución, dirección técnica ou seguimento das fases do proceso estatístico, correspondentes á formación anual das contas económicas (SEC-REG).

b) O estudio da metodoloxía, elaboración de proxectos e participación na execución, dirección técnica ou seguimento dos traballos conducentes á formación periódica das táboas input-output da economía de Galicia.

c) A elaboración de informes sobre a situación e resultados das tarefas en curso.

d) A realización das enquisas e a formación e mantemento dos directorios estatísticos necesarios para a elaboración das contas e táboas, sempre que por criterios de eficacia e economía de medios fose aconsellable e con independencia das funcións asignadas a outros servicios.

Artigo 6º

1º-Á Subdirección Xeral de Informática e Difusión Estatística correspóndelle, ademais das tarefas directamente encargadas polo director de cara ó eficaz funcionamento e coordinación coa actividade do IGE, as seguintes funcións:

a) A coordinación, supervisión e control do sistema informático do IGE.

b) A dirección técnica das metodoloxías informáticas que se utilicen para a análise, implantación e mantemento das aplicacións estatísticas a desenvolver polo IGE, de acordo cos proxectos ou coas especificacións técnicas, se é o caso, do correspondente servicio promotor do proxecto.

c) A implantación e mantemento de bases de datos e directorios ou rexistros estatísticos, de acordo cos proxectos ou coas especificacións, se é o caso, do correspondente servicio promotor do proxecto; así como o establecemento e mantemento de conexións e intercambios con outros centros de información, de bases, ou bancos de datos estatísticos.

d) A análise, programación e preparación das explotacións tabuladas e gráficas, a fin de atende-las necesidades internas do IGE, de acordo cos proxec

tos de tabulación ou especificacións técnicas dos servicios promotores, así coma das explotacións requiridas para satisface-las demandas externas.

e) A organización e mantemento dos catálogos, rexistros e ficheiros de información estatística dispoñible, así como o arquivo e custodia dos fondos bibliográficos e informáticos do IGE.

f) A realización das publicacións do IGE, de acordo cos obxectivos e especificacións da unidade promotora, así como a súa distribución, xestión e custodia.

g) O mantemento dunha unidade de información estatística que inclúa unha biblioteca de acceso público.

2.-A Subdirección Xeral de Informática e Difusión Estatística contará cos seguintes servicios, que exercerán as funcións que se indican:

2.1.-Servicio de Informática Estatística.

a) O estudio, implantación e mantemento das metodoloxías informáticas, necesarias para a execución dos proxectos estatísticos do IGE, ou de fases dos mesmos, axeitadas ás técnicas propias dos procesos estatísticos.

b) A implantación e mantemento das bases de datos e directorios estatísticos necesarios para a execución das estatísticas que elabore o IGE.

c) A análise, programación e preparación das explotacións informáticas tabuladas e gráficas para a obtención de resultados, ou publicación dos mesmos, relativas ás estatísticas de elaboración propia do instituto ou derivadas da explotación de ficheiros estatísticos de producción allea.

d) A organización, mantemento e custodia dos soportes físicos e magnéticos da información estatística primaria e da información tabulada.

e) A obtención de ficheiros ou información tabulada para atende-las peticións externas de datos, de acordo coas especificacións do correspondente servicio promotor.

f) A elaboración de informes e anteproxectos relativos ó funcionamento do servicio ou á mellora dos equipos e sistemas.

2.2.-Servicio de Difusión e Información Estatística.

a) A catalogación, arquivo e custodia dos fondos bibliográficos do Instituto e o mantemento dunha biblioteca de acceso público.

b) A recepción e xestión das peticións externas de información estatística, e sempre de acordo coas especificacións ou directrices dadas polo correspondente servicio promotor.

c) A realización dos procesos de edición, publicación e difusión dos libros ou documentos estatísticos producidos polo IGE, en coordinación co correspondente servicio promotor e co Servicio de Xestión Económica.

Artigo 7º

1º- Os órganos estatísticos sectoriais, que terán nivel orgánico de servicio, dependerán funcional

mente do director do IGE, e organicamente da correspondente consellería, organismo ou ente público da Xunta de Galicia, exercerán, segundo a Lei 7/1993, do 24 de maio, de modificación da Lei 9/1988, de estatística de Galicia, as seguintes funcións:

a) A elaboración das estatísticas propias da consellería e dos organismos e entes públicos correspondentes.

b) A elaboración das estatísticas ou fases delas que lles encomenden o Plan Galego de Estatística e os seus programas estatísticos.

c) A colaboración co IGE na elaboración do anteproxecto de Plan Galego de Estatística e dos seus programas anuais.

d) Poblicación dos resultados das estatísticas propias, logo da súa remisión ó IGE para a súa homologación.

e) Colaboración co IGE no deseño e na confección dos ficheiros-directorios que utilizarán os órganos e entes da Administración autonómica de Galicia.

f) Análise das necesidades estatísticas da consellería ou dos organismos e entes públicos correspondentes.

2º-A partir da entrada en vigor deste decreto, créanse os órganos estatísticos sectoriais nas consellerías de Agricultura, Gandería e Montes; Pesca, Marisqueo e Acuicultura; e Industria e Comercio. Nas restantes consellerías e entes públicos da Xunta de Galicia iranse creando a medida que as necesidades do sistema estatístico de Galicia así o requira, de acordo coa Lei de estatística de Galicia e co establecido no presente decreto.

3º-Segundo a Lei 7/1993, do 24 de maio, o persoal que preste os seus servicios en calquera dos órganos estatísticos sectoriais terá o carácter de persoal estatístico, con independencia do seu nivel e da relación xurídica da que deriven aqueles, estando sometido ás disposicións vixentes ou que se poidan establecer para o persoal estatístico, en particular os artigos 26, 27 e 28 da Lei 9/1988, do 19 de xullo.

Disposición adicional única

1.-Modifícase o artigo 4.IIc) do Decreto 205/1990, do 15 de marzo, de estructura-orgánica da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, que quedará redactado do seguinte modo:

«Servicio de Informática: Encargarase da elaboración e xestión dos programas de informatización, control de equipos e aplicacións informáticas, sen prexuízo das competencias das comisións de informática e de racionalización.»

2.-Engádese un último inciso ó artigo 4 do Decreto 205/1990, do 15 de marzo, de estructura orgánica da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, co seguinte teor literal:

«Dependendo organicamente da Secretaría Xeral e funcionalmente do director do Instituto Galego de Estatística, e con nivel orgánico de servicio, existirá o Servicio de Estatística, que desenvolverá as funcións previstas no artigo 7.1 deste decreto».

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 291/1988, do 6 de outubro, polo que se establece a estructura orgánica funcional do Instituto Galego de Estatística,

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Consellería de Economía e Facenda para dictar, dentro da súa competencia, as normas precisas para o desenvolvemento do presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de outubro de mil novecentos noventa e catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda