A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día 25 de novembro de 1994, acordou nomear, por un período de catro anos, a Ovidio López Álvarez xuíz de paz substituto de Cervantes, concello desta Comunidade Autónoma, tendo en conta que o concello no seu día non elixiu ningunha persoa e que no concurso que convocou ultimamente a Sala de Goberno para elección de xuíces de paz non houbo ningún solicitante, polo que a Sala de Goberno fai o referido nomeamento directamente.
Contra este acordo os interesados poderán presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes á publicación deste edicto perante o Consello Xeral do Poder Xudicial.
O xuíz de paz nomeado deberá prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5 da Lei orgánica do Poder Xudicial ante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo no prazo
de 10 días a partir do seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días tomará posesión no xulgado de paz para o que foi nomeado ante quen se achar exercendo a xurisdicción.
Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oitos pola praza que lles interese.
A Coruña, vintecinco de novembro de mil novecentos noventa e catro.
Vicente Fernández Riera
Secretario do goberno