Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 112

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 25 de novembro de 1994 polo que se convocan prazas de xuíces de paz titulares e substitutos de diversos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia (Boiro e oito máis).

O non ser elixido polos concellos que máis abaixo se relacionan xuíz de paz titular e/ou substituto das localidades de:

Provincia da Coruña

Boiro: substituto.

Provincia de Lugo

Antas de Ulla: substituto.

Carballedo: substituto.

Castroverde: substituto.

Nogais, As: substituto.

Provincia de Ourense

Beariz: substituto.

Manzaneda: substituto.

Vilardevós: substituto.

Provincia de Pontevedra

Silleda: titular e substituto.

Convócase para que, no prazo de 15 días computados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia cantos teñan interese en aspirar ós cargos de xuíz de paz relacionados dirixan unha instancia á presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, facendo consta-lo seguinte:

1º) Nome, apelidos, idade, profesión e domicilio.

2º) Se desempeñou o cargo de xuíz de paz ou substituto.

3º) Méritos que considere que pode facer valer.

O que se fai público en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para coñecemento de cantos estean interesados en solicita-la indicada praza.

A Coruña, 25 de novembro de 1494.

Vicente Fernández Riera

Secretario do goberno