Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 112

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 25 de novembro de 1994 polo que se fai público o nomeamento do xuíz de paz titular de Moeche.

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día 25 de novembro de 1994, acordou nomear, por un período de catro anos, a Felipe Manuel Ferreira Touceda xuíz de paz titular de Moeche, concello desta Comunidade Autónoma, tendo en conta que o concello no seu día non elixiu ningunha persoa e que no concurso que convocou ultimamente a Sala de Goberno para elección de xuíces de paz non houbo ningún solicitante, polo que a Sala de Goberno fai o referido nomeamento directamente.

Contra este acordo os interesados poderán presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes á publicación deste edicto perante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

O xuíz de paz nomeado deberá prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5 da Lei orgánica do Poder Xudicial ante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo no prazo de 10 días a partir do seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días tomará posesión no xulgado de paz para o que foi nomeado ante quen se achar exercendo a xurisdicción.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oitos pola praza que lles interese.

A Coruña, vintecinco de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Vicente Fernández Riera

Secretario do goberno