Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o pasado día vintenove de novembro, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido, mediante iniciativa particular, por José García Blanco e outros, coa finalidade de ordena-lo ámbito territorial da unidade de actuación nº 29 do vixente PXOU sita na rúa Alféreces Provisionais, e redactado polos arquitectos Ricardo Aguilar Argenti e Enrique Barreiro Álvarez, con visado colexial do 10-9-93 e cadro de superficies e volumes comparativo, aportado o día 4-11-93 que reforma e anula o correlativo do proxecto.

Segundo. Dispoñe-la publicación do presente acordo no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia, con notificación persoal ós interesados e comunicación, así mesmo, á Comisión Provincial de Urbanismo, deste acto administrativo no prazo de seis días contados desde a súa adopción».

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto administrativo se poderá interpo-lo recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se for o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 4 de outubro de 1994.

Francisco Javier Cobián Salgado

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral