Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADUMIA

EDICTO.

A corporación local, en sesión celebrada o once de novembro de mil novecentos noventa e catro, de conformidade co disposto no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo, aprobada polo Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, e co artigo 31 da Lei do 22 de agosto de 1985, de adaptación da do solo a Galicia, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización de Cruceiro Vello, redactado en desenvolvemento do plan parcial de Santa Eulalia de Ribadumia (S.A.U. nº 1), da que é promotor o arcebispo de Santiago de Compostela, o que se fai público para que, por espacio de quince días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, se examine o dito proxecto e se presenten as alegacións que se coiden oportunas.

Ribadumia, 14 de novembro de 1994.

O alcalde

Rubricado