Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1994 pola que se anuncia o concurso para a construcción e subseguinte explotación en réxime de concesión administrativa dun aparcamento subterráneo na praza de Barcelos.

Obxecto: a adxudicación mediante concurso dunha concesión administrativa para o uso privativo do subsolo da praza de Barcelos coa construcción de aparcamento subterráneo e a subseguinte explotación e xestión do servicio de estacionamento público na zona definida no anteproxecto.

Fianzas provisional e definitivas: depositaranse na Caixa da Corporación contratante, na forma admitida en dereito; a fianza provisional terá unha contía fixa de 5.000.000 de ptas. A fianza definitiva pola construcción do aparcamento e a fianza definitiva pola

explotación do aparcamento construído constituiranse nas contías sinaladas no prego de condicións.

Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría F.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral deste Concello, durante o prazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción desta anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentos que presentarán: apartado 12 do prego de condicións.

Apertura de pregos: as doce horas do día seguinte hábil ó da terminación do prazo de presentación de proposicións, se coincidise en sábado a apertura celebrarase o seguinte día hábil.

MODELO DE PROPOSICIÓN

Don/dona..., domiciliado/a en..., actuando en representación de... (ou en nome propio), informado/a do contido dos pregos de prescricións técnicas e condicións xurídicas e económico-administrativas reguladoras do concurso convocado polo Concello de Pontevedra para a adxudicación da construcción e subseguinte explotación e xestión dun aparcamento público no subsolo da praza de Barcelos na cidade de Pontevedra, acéptaos na súa integridade e comprométese a tomar ó seu cargo a concesión administrativa para a construcción e subseguinte explotación do aparcamento subterráneo da praza de Barcelos conforme o proxecto técnico de execución e demais documentación técnica que xunta, para o cal formula a seguinte oferta e compromiso:

1º) Execución das obras e instalacións do aparcamento segundo o proxecto de execución que se xunta, polo orzamento total de... pesetas.

2º) As obras do proxecto executaranse no prazo de 16 meses e conforme os pregos de condicións.

3º) A concesión administrativa terá unha duración de... anos contados a partir da finalización das obras e a recepción provisional delas.

4º) O aparcamento proxectado canta con... plantas e ... prazas.

5º) O prezo por praza de estacionamento para cesión permanente é de... pesetas e a cota anual (ou mensual) por mantemento, asignada a este tipo de prazas, que satisfará o usuario, de... pesetas.

6º) O prezo das prazas de estacionamento en réxime de alugueiro horario é de... pesetas por hora ou fracción.

7º) O canon que satisfará o Concello será de... ptas. por praza de estacionamento, sendo canon global anual por tódalas prazas de... pesetas.

En proba de conformidade asina a presente proposta en..., ... de... de 1994.

Pontevedra, 2 de novembro de 1994.

Francisco J. Cobián Salgado

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral