Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación do acordo de apertura e do prego de cargos formulados no expediente sancionador LU-6/1994, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Intentada a notificación directa á empresa operadora Máquinas de Juego Pedro Estévez, S.A. do acordo de apertura e do prego de cargos do expediente LU-6/1994 e ó non poder practicar esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4 da Lei 3011992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte

Expediente sancionador: LU-6/1994.

Interesados: a empresa operadora Máquinas de Juego Pedro Estévez, S.A., número de rexistro L0173, e Purificación Darriba Copa, con D.N.I. número 34.255.636, titular do establecemento Café-Bar Ateneo, sito na rúa Benigno Quiroga, 15 da localidade de Sarria, municipio do mesmo nome, provincia de Lugo.

ACORDO DE APERTURA

Con data 19 de outubro de 1994 o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais acordou:

1º) Incoar expediente sancionador conforme co establecido na Lei das Cortes Xerais 34/1982, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar:

-Á empresa operadora Majupesa, número de rexistro L0173.

-Ó titular do establecemento, Purificación Darriba Copa.

2º) Nomear instructor e secretaria do mesmo a:

-Rafael López Charques.

-Ana María Paz Pérez, respectivamente.

PREGO DE CARGOS

-Que en Sarria (Lugo), sendo as 11.50 horas do día 6 de outubro de 1994, dous inspectores do Servicio de Xogo da Xunta de Galicia, levantaron a acta referencia 02/061094 no Café-Bar Ateneo, do que é titular Purificación Darriba Copa, asinado polos inspectores do xogo e pola titular do establecemento.

-Que segundo a citada acta:

«Comprobouse que ten instalada unha máquina tipo «B», modelo B-1293, Cirsa Dakota, serie 94, nº 02377.

Carece de guías de circulación, autorización de explotación e boletín de instalación, polo que podería infrinxi-los artigos 19.1, 19.2 e 21 do Regulamento 374/86, do 30 de outubro.

Amosa incorporados á máquina os seguintes documentos:

1º) Habilitación a tavés do titular, de data 18-7-94.

2º) Solicitude de troco de data de rexistro nesta delegación, do 16 de agosto de 1994, asinada polo xefe do Servicio de Interior e Administración Local, que autoriza provisionalmente por un prazo de 15 días naturais a explotación da máquina arriba indicada, correspondente á guía de circulación número 1172123, en substitución da máquina tipo «B», modelo B-1704, Baby Bombo, serie 1, nº 33031, con guía nº 507027-B, autorización de explotación GA-L-2617, e boletín de instalación L-02617, número este último que pode non ser correcto.

3º) Solicitude de boletín de instalación para a dita máquina, modelo B-1923, Cirsa Dakota, serie 94, nº 02377, de guía de circulación 1172123, rexistrada tamén nesta delegación na data do 16-8-94, e co mesmo prazo de 15 días naturais, en substitución da anteriormente instalada, modelo B-1744, Baby Fórmula 2, serie 1, número 5658, guía 092344-S e autorización de explotación GA-L-2617».

Os feitos poderían constituír infraccións moi graves ou graves, das reguladas e previstas nos artigos 28 e seguintes da Lei 1411985, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, modificada pola Lei 7/1991, de tributación sobre o xogo, por presunta infracción ós artigos 3, 5, 6, 7, 19, 27 e seguintes da devandita lei e infracción do Decreto 374/1985 da Xunta de Galicia, modificado polos decretos 91/1987, 32/1989, 247/1990, 221/1991 e 167/1993, do regulamento de máquinas recreativas e de azar, así como da disposición adicional terceira da Lei 7/1991.

Comunícaselle ó interesado que dispón dun prazo non inferior a dez días nin superior a quince, contado desde o seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que alegue ou presente a documentación que coide pertinente na súa defensa, segundo se dispón no artigo 84.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 13 de decembro de 1994.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo