Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se disolven as agrupacións de defensa sanitaria de Arteixo, Carballo, Laracha e Ponteceso-Malpica-Cabana.

Vista a solicitude presentada polas agrupacións de defensa sanitaria (ADS) de Arteixo, Carballo, Laracha e Ponteceso-Malpica-Cabana, para a súa disolución, coa intención de construír unha de maior ámbito territorial, unha vez cumpridos tódolos requisitos e demais trámites esixidos pola normativa vixente en materia de sanidade animal, e en concreto os establecidos polo Real decreto 425/1985, do 20 de marzo, e a Orde do 31 de maio de 1985, esta dirección xeral resolve deixar sen efecto as ADS seguintes:

-ADS Arteixo (concesión por Resolución do 8-7-1986, BOE, do l6-7-1986).

-ADS Carballo (concesión por Resolución do 29-9-1988, DOG nº 27, do 8-2-1989).

-ADS Laracha (concesión por Resolución do 26-9-1988, DOG nº 238, do 14-12-1988).

-ADS Ponteceso-Malpica-Cabana (concesión por Resolución do 2-5-1988, DOG nº 123 do 29-6-1988).

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1994.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria e

Industrias Agroalimentarias