Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se disolven as agrupacións de defensa sanitaria Comarca de Valdoviño e Narón-San Sadurniño.

Vista a solicitude presentada polas agrupacións de defensa sanitaria (ADS) Comarca de Valdoviño e Narón-San Sadurniño, para a súa disolución, coa intención de constituír unha de maior ámbito territorial, unha vez cumpridos tódolos requisitos e demais trámites esixidos pola normativa vixente en materia de sanidade animal, e en concreto os establecidos polo Real decreto 425/1985, do 20 de marzo, e a Orde do 31 de maio de 1985, esta dirección xeral resolve deixar sen efecto as ADS seguintes:

-ADS Comarca de Valdoviño (concesión por Resolución do 22-2-1985, BOE do 8-3-1985).

-ADS Narón-San Sadurniño (concesión por Resolución do 23-5-1986, BOE do 6-6-1986).

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1994.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria e

Industrias Agroalimentarias