Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público polo procedemento de urxencia mediante expediente anticipado de gasto para a contratación das obras de reforma e ampliación do centro de saúde de Betanzos (A Coruña).

-Obra: reforma e ampliación do centro de saúde de Betanzos (A Coruña).

-Orzamento da contrata: 51.603.092 ptas.

-Prazo de execución: 9 meses.

-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría D.

-Fianza definitiva: 2.064.124 ptas.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na D.X. de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo quinto día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no art. 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que presentarán os licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 7.3 do prego de cláusulas administrativas polas que se rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 7.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1994.

P.D. (Decreto 199, do 16-6-94)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos