Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 98

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (324/1994-C).

En virtude do acordado por Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada en xuízo de faltas nº 324/1994-C, que se segue sobre agresión e desordes, cítase a Francisco Javier Ruiz Díaz, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza ante este xulgado o próximo día dezasete de xaneiro de 1995, ás 11.10 horas, para asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba de que se intente valer, facéndolle sabe-lo disposto no artigo 8º do Decreto do 21 de novembro de 1952; pode ser asistido por letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e catro.

O secretario do xulgado

Rubricado