Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 98

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (148/1994-01).

Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas nº 148/1994, por instancia de José Rodríguez Pérez e Juan José Ramos Lacerda, contra os mesmos, nas actuacións do cal se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«Sentencia.-Na cidade de Santiago de Compostela, o dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e catro. Salvador P. Sanz Crego, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 148/1994, sobre lesións en agresión, no que foron partes como denunciantes/denunciados, Juan José Ramos Lacerda, maior de idade, veciño de Madrid, con domicilio en r/ General Lacy

nº 44, soto exterior dereita, José Rodríguez Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido, do que figuran en autos as circunstancias persoais, e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia:

Decido condenar a Juan José Ramos Lacerda, como autor responsable dunha Calta de lesións do artigo 582 do Código penal a indemnizar a José Rodríguez Pérez na cantidade de 42.000 ptas. e ó pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia

Absolvo libremente a José Rodríguez Pérez da presunta falta pola que viña sendo obxecto de acusación.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que conste e sirva de notificación a José Rodríguez Pérez expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o trinta de novembro de mil novecentos noventa e catro.