Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 97

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (527/1993).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de proceso de familia nº 521 de 1993, notifícaselle á demandada Avelina González Miramontes a sentencia dictada neles, que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos incidentais de proceso de familia, seguidos neste xulgado baixo o número 521 de 1993, entre partes, dunha como demandante, Domingo Antonio Chenel Otero, maior de idade, separado, xubilado e veciño desta cidade, con domicilio en r/ Xesteira nº 7, representado en autos polo procurador Sr. Regueiro Muñoz e dirixido polo letrado Sr. Álvarez Sautullano y Pino, e da outra, como demandada, Avelina González Miramontes, maior de idade, separada, de profesión ama de casa e veciña que foi desta cidade, actualmente en paradoiro ignorado, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre divorcio.

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador Sr. Regueiro Muñoz, en nome e representación de Domingo Antonio Chenel Otero, contra Avelina González Miramontes, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro disolto por causa de divorcio o matrimonio formado polos cónxuxes anteriormente mencionados e extinguido o dereito de Avelina González Miramontes a percibi-la pensión compensatoria que estableceu a sentencia dictada o 31 de decembro de 1987 pola Audiencia Territorial da Coruña nos autos de separación que co número 15/1987 se seguiron ante este mesmo órgano. Todo isto sen facer especial pronunciamento en custas.

Unha vez firme esta resolución comuníqueselle ó Rexistro Civil correspondente para os efectos previstos na disposición adicional 9 da Lei de 7 de xullo de 1981.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á demandada Abelina González Miramontes, declarada en rebeldía, expido o presente edicto en Santiago o trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e catro.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado