Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 97

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (460/1994).

En virtude do acordado por María Luisa Miranda de Miguel, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santa Uxía de Ribeira, en resolución desta data, dictada en autos de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 460/1994, a instancia de José Ventura Suárez Gago, representado polo procurador Sr. Villar Trillo, por medio da presente, emprázase a esposa demandada María Alcántara Román, maior de idade, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que, no improrrogable termo de vinte días compareza en autos, presentándose en forma e conteste a demanda, formulando se é o caso reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e non facerlle outras notificacións que as sinaladas na lei.

Fáiselle saber que as copias de demanda e dos documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de emprazamento en forma á referida denandada María Alcántara Román, expido e asino a presente en Santa Uxía de Ribeira o vintecinco de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Elma Ojea Muñiz

Secretaria xudicial