Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 97

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE REDONDELA

EDICTO (379/1993).

José Luis Albés López, maxistrado-xuíz en comisión de servicios no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Redondela,

Fago saber:

Que neste Xulgado de Redondela, se está a seguir procedemento para declarar herdeiro dos bens deixados por Elisa García Garcia, filla de Manuel e Marcelina, nacida en Lisboa (Portugal) en 1907, que finou o 14 de xaneiro de 1989, no Hospilal Provincial de Pontevedra tendo o enderezo habitual en Amoedo (Pazos de Borbén); herdanza que reclama o avogado do Estado ó seren descoñecidos herdeiros da mesma.

Por iso, tódalas persoas que se crean con dereito algún desa natureza, poderán comparecer neste xulgado a face-las alegacións que consideren no caso, dentro do prazo de seis días contados do seguinte de facer público o presente edicto.

Redondela, 24 de outubro de 1994.

O maxistrado-xuíz

Rubricado