Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 96

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1994 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán o concurso da praza 1.259/1994 de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6 do dito real decreto, mediante o que foron designados pola Secretaría Xeral desta universidade os vocais correspondentes, e dado que se trata dun concurso de méritos e non dun concurso ordinario.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán o concurso de méritos, para a provisión de varias prazas de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Santiago de Compostela, do 15 de xuño de 1994 (BOE do 27 de xuño de 1994) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado.

Contra esta resolución os interesados podarán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Composlela, 13 de decembro de 1994.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: Historia contemporánea.

Praza nº: 1.259/94.

Comisión tilular

Presidente: Ramón Villares Paz. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Mª del Pilar López Rodríguez. Catedrática de escola universitaria. Universidade de Saniago de Composlela.

Vocal 1º: Miguel Carlos Gómez Oliver. Catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Vocal 2º: Manuel Requena Gallego. Catedrático de escola universilaria. Universidade Castellano-Manchega.

Vocal 3º: Joaquín del Moral Ruiz. Catedrático de escola universitaria. Universidade Autónoma de Madrid.

Comisión suplente

Presidente: José Ramón Barreiro Fernández. Catedrático de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Francisco Miranda Rubio. Catedrático de Escola Universitaria. Universidade pública de Navarra.

Vocal 1º: Carlos Forcadell Álvarez. Catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Vocal 2º: Joan Puigbert Busquets. Catedrático de escola universilaria. Universidade de Girona.

Vocal 3º: Mª Concepción García Segura. Catedrática de escola universitaria. Universidade de Valladolid.