Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 95

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data en que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro); artigo 1º do Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño (Bo

letín Oficial del Estado do 11 de xullo), e o artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas reseñadas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que han de ser elixidos por este procedemento para o día 12 de xaneiro de 1995 ás 10 horas, e realizaranse estes polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 25 de xuño de 1985, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os devanditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade a que lle corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que lle corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que lle corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 7 de xaneiro, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponde a praza, haberá que aterse ó previsto no artigo 1º do Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6º.9 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico a V.I. para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 19 de decembro de 1994.

Miguel A. Quintanilla Fisac

Secretario xeral do Consello de Universidades

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Concursos convocados por Resolución do 1-6-1994 (BOE do 29).

Se é o caso, indícase entre parénteses o número de prazas.

O número de orde corresponde ó da resolución citada.

Concurso nº 025. Nº sorteo 27.215.

Corpo: Catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: Historia da arte.

Presidente titular: Alberto Villar Movellán.

Vocal secretario titular: José Manuel García Iglesias.

Concursos convocados por Resolución do 30-6-1994 (BOE do 27-7).

Se é o caso, indícase entre parénteses o número de prazas.

O número de orde corresponde ó da resolución citada.

Concurso nº 047. Nº sorteo 27.216.

Corpo: Profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: Economía aplicada.

Presidente titular: Juan J. Fernández Caínzos.

Vocal secretario titular: Antonio J. Grandío Dopico.