Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 95

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 21 de decembro de 1994 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, mediante Orde do 4 de novembro de l994 (DOG nº 224, do 21 de novembro), de conformidade co establecido na base sexta da referda orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós beneficiarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente

os funcionarios presten servicios, ou de un mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que causen baixa o funcionario, así como o daquel no que obteñan praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior; as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia despois de comunicalo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1994.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura