Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 99

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (269/1991).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial.

Fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de procedemento xudicial sumario do art. 131 da Lei hipotecaria co nº 269/1991, a instancia do Banco Exterior de España, S.A., representado polo procurador Sr. García-Píccoli Atanes contra Industrias López y Taboada, S.L., sobre reclamación de cantidade en virtude de préstamo hipotecario, téndose dictado providencia o día da data na que se acorda sacar a poxa pública polo termo de vinte días hábiles de antelación, terceira vez, os predios hipotecados que se describirán, baixo as seguintes condicións e advertencias:

Primeira.-A terceira poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza, r/ Algalia de Abaixo, 24, desta cidade ás 10.30 horas do día 28 de marzo.

Segunda.-O tipo da poxa é..., sen suxeición a tipo para a terceira.

Terceira.-Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo establecido para cada unha das poxas, excepto para a terceira, conforme se di, e para tomaren parte nelas deberán os licitadores, excepto o executante, presenta-lo resgardo de que consignou previamente na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya, desta cidade, unha cantidade igual polo menos ó 20% do tipo da segunda, por tratarse da terceira poxa. Ata a celebración das poxas poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, xuntando nun e noutro caso o resgardo correspondente de ingreso da citada consignación.

Cuarta.-As ofertas poderanse facer a calidade de cede-lo remate a un terceiro, coas solemnidades e requisitos legalmente establecidos na Lei hipotecaria.

Quinta.-Os autos e a certificación rexistral a que se refire a regra cuarta en relación coa oitava e décimo terceira do art. 131 da L. hipotecaria están de manifesto en secretaría, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas, gravames anteriores e preferentes, se os honber, ó crédito da demandante, quedarán ou continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

PREDIO OBXECTO DE HIPOTECA E POXA

Monte da Lama, a monte, na parroquia de San Vicente de Betote, municipio de Sarria (Lugo), que mide 30 áreas e 16 centiáreas. Limita ó norte, camiño: ó leste, pista que conduce a Tosal; ó oeste, pista que conduce a Vilar; e ó sur de Manuel López Cerviño.

Sobre este predio construíuse preto da estrema sur, dirección leste-oeste, unha nave metálica de

unha soa planta cuberta, con superficie ocupada de 1.100 m, construída de formigón e destinada a carpintería de portas de madeira. Ten servicio e instalacións de auga e enerxía eléctrica.

Título e inscrición: Pertence en pleno dominio á Compañía Mercantil de responsabilidade limitada industrias López y Taboada, S.L., en canto ó terreo por compra a María Dolores López Núñez e Manuel Teijeiro Pérez, mediante escritura outorgada en Sarria o 8 de abril de 1983, ante o notario de Becerreá, José Miguel Sánchez Andrade, substituto legal daquela notaría, nº de protocolo 581; e en canto á nova edificación, por escritura de declaración de obra nova, outorgada o 3 de xullo de 1985 ante o notario de Lugo, Juan Miguel Bello Fernández de Palencia, como substituto extraordinario da notaría de Sarria vacante, nº de protocolo 252.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Sarria no folio 225 volto do tomo 324, libro 112, predio 11.204, inscricións 1ª e 3ª.

Dado en Santiago de Compostela o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e catro.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado