Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 93

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 29 de marzo de 1994 pola que se aproba o cambio de dominio da batea «Oubiña nº 2» e unha máis.

Vistos os expedientes de cambio de dominio que a continuación se mencionan, instruídos para efectos de transmisión das concesións administrativas pertinentes e dos establecementos que as amparan; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1985, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista dos informes favorables do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado proclamando a nova titularidade das concesións e establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: Oubiña nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 46, Vilagarcía «I».

Data da concesión: 2-3-1966.

Data última prórroga: 14-3-1996.

Anterior concesionaria: Pilar Paz Santorum.

Nova titular da concesión: Minia Baulo Carballo, en réxime de separación de bens.

Denominación da batea: J.M.C.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 123, Cambados «A».

Data da concesión: 23-9-1968.

Data última prórroga: 2-10-1998.

Anterior concesionario: Jesús Romay Pérez.

Novo titular da concesión: Germán Álvarez Vidal, con carácter ganancial.

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de calegoría suficiente.

Vigo, 29 de marzo de 1994.

P.D. (Orde do 27-6-1990)

Amancio Landín Jaráiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)