Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 92

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de marzo de 1994 pola que se aproba o cambio de dominio da batea «G.G. nº 1» e dúas máis.

Vistos os expedientes de cambio de dominio que a continuación se mencionan, instruídos para efectos de transmisión das concesións administrativas pertinentes e dos establecementos que as emparan; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 13 da Lei 15/1985, do 23 de outubro, de ordenación marisqueira e cultivos mariños desta Comunidade Autónoma (DOG nº 236, do 10 de decembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista dos informes favorables do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado proclamando a nova titularidade das concesións e establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: G.G. nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 2, Cambados «E».

Data da concesión: 23-11-1970.

Data última prórroga: 23-11-2000.

Anterior concesionaria: Manuela Nieto Nine.

Novo titular da concesión: José Manuel Otero Vidal.

Denominación da batea: J.M. nº 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 181, Cambados «F».

Data da concesión: 31-1-1968.

Data última prórroga: 9-2-1998.

Anterior concesionario: Antonio Domínguez Álvarez.

Novo titular da concesión: Mitulo, S.A.

Denominación da batea: Lito.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 196, Cambados «F».

Data da concesión: 31-1-1968.

Data última prórroga: 9-2-1998.

Anterior concesionario: Luis Domínguez Rey.

Novo titular da concesión: Mitulo, S.A.

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e abrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 10 de marzo de 1994.

P.D. (Orde do 27-6-1990)

Amancio Landín Jaráiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)