Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 92

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de marzo de 1994 pola que se aproba o cambio de dominio da batea «Mariscos Arcade nº 1» e tres máis.

Vistos os expedientes de cambio de dominio que a continuación se mencionan, instruídos para efectos de transmisión das concesións administrativas pertinentes e dos establecementos que as amparan; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 13 da Lei 15/1985, do 23 de outubro, de ordenación marisqueira e cultivos mariños desta Comunidade Autónoma (DOG nº 236, do 10 de decembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista dos informes favorables do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado proclamando a nova titularidade das concesións e establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: Mariscos Arcade nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 19, Cangas «F».

Data da concesión: 26-11-1958.

Data última prórroga: 15-12-1995.

Anterior concesionario: Miguel García Rodríguez.

Novo titular da concesión: Carmen Rodríguez Lorenzo en réxime de gananciais.

Denominación da batea: Portela nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 91, Bueu «A».

Data da concesión: 6-6-1968.

Data última prórroga: 5-7-1998.

Anterior concesionario: Agustín Portela Estévez.

Novo titular da concesión: San Blas Morrazo, S.L.

Denominación da batea: Portela nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 90, Bueu «A».

Data da concesión: 5-7-1968.

Data última prórroga: 5-7-1998.

Anterior concesionario: Agustín Portela Estévez.

Novo titular da concesión: San Blas Morrazo, S.L.

Denominación da batea: Portela nº 7.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 18, Bueu «B».

Data da concesión: 7-6-1969.

Data última prórroga: 7-6-1999.

Anterior concesionario: Agustín Portela Estévez.

Novo titular da concesión: San Blas Morrazo, S.L.

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 3 de marzo de 1994.

P.D. (Orde do 27-6-1990)

Amancio Landín Jaráiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)