Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 93

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1994 pola que se fai pública a reforma da relación de postos de traballo do Consello de Contas acordada polo pleno en sesión celebrada o día 23 de decembro de 1994.

De conformidade co disposto no art. 8 ap. j do Regulamento de réxime interior, en relación cos arts. 6 e 25 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, o Pleno do Consello de Contas, en sesión celebrada o día 23 de decembro de 1994, acordou modifica-la RPT do Consello nos seguintes termos:

1) Crear dúas prazas de persoal eventual coas características seguintes:

-Denominación: asesor.

-Titulación: licenciado universitario.

-Formación específica: membro do ROAC.

-Retribucións: equivalentes ás dun funcionario do grupo A, con nivel 30.

2) Crear unha praza de persoal eventual coas características seguintes:

-Denominación: asesor técnico.

-Titulación: diplomado universitario.

-Retribucións: equivalentes ás dun funcionario do grupo B, con nivel 25.

3) O nomeamento e cesamento deste persoal será efectuado polo Pleno.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1994.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro Maior