Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 85

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 13 de decembro de 1994 pola que se establecen axudas para o fomento da riqueza piscícola para o ano 1995.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.15, atribúelle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de pesca fluvial e lacustre. A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ten asumidas as correspondentes funcións, así como a responsabilidade de velar pola conservación e o fomento da nosa riqueza piscícola.

Por iso, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes promove un réxime de axudas destinadas a fomenta-la conservación da nosa riqueza piscícola a través das entidades que reúnan as garantías de solvencia técnica e experiencia práctica contrastada nesas tarefas, incentivando aquelas accións que se consideren de interese xeral e promovendo ademais a participación de grupos sociais na mellora dos ecosistemas fluviais.

En virtude do anterior, en exercicio das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1.-

Coa finalidade de fomenta-la conservación da riqueza piscícola da Comunidade Autónoma de Galicia establécese un réxime de axudas en favor daquelas sociedades ou asociacións directamente relacionadas coa pesca fluvial, sobre investimentos realizados en traballos, obras e actividades que teñan aquela finalidade.

Artigo 2.-

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as sociedades e asociacións que reúnan as condicións de solvencia técnica e experiencia práctica na xestión e execución de programas de fomento da riqueza piscícola, verificados pola Administración autonómica.

Artigo 3.-

1.-As accións susceptibles de seren subvencionadas son:

a) Obras de restauración da vexetación de ribeira, de limpeza das marxes ou de mellora do hábitat piscícola.

b) Campañas de difusión e formación dirixidas a pescadores, mozos ou escolares, especialmente aquelas que se fagan coa colaboración da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, colexios ou calquera outra entidade relacionada coa protección, conservación e fomento da riqueza piscícola.

2.-A concesión dunha axuda leva implícita, de se-lo caso, a autorización da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para executa-la obra sempre que os traballos realizados se axusten ás condicións que en cada caso se establezan, sen prexuízo doutras autorizacións que fosen necesarias.

Artigo 4.-

1.-Para a concesión das respectivas axudas aplicarase o seguinte baremo:

a) Tres puntos por cada campaña anual executada para o fomento da riqueza piscícola verificada pola Administración autonómica, cun máximo de nove puntos por este concepto.

b) Tres puntos pola realización en anos anteriores de campañas formativas dirixidas a pescadores, escolares ou outros colectivos, cun máximo de nove puntos por este concepto.

c) Cinco puntos por xestión compartida coa Adminisración en acoutados de pesca.

d) Tres puntos pola dispoñibilidade de medios técnicos adecuados ás tarefas amparadas pola presente orde.

2.-Para optar ás axudas será necesario acreditar un mínimo de seis puntos.

Artigo 5.-

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes subvencionará os investimentos recollidos no artigo 3 nunha porcentaxe máxima de ata o 50% deles, excepto as campañas de difusión e formación, que podarán ser subvencionadas ata un 75%. Estas porcentaxes máximas serán de aplicación sobre o orzamento aprobado. A totalidade de axudas que reciba unha sociedade ou asociación non poderá supera-la cantidade de 1.000.000 de pesetas.

Artigo 6.-

As solicitudes para acollarse ás axudas deberán ser dirixidas ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes e conterán a documentación que se especifica, cuberta debidamente e asinada, por duplicado:

-Instancia segundo o modelo.

-Fotocopia do CIF do solicitante.

-Certificación bancaria segundo o modelo.

-Documentos acreditativos das especificacións contidas no baremo reproducido no artigo 4.

-Memoria explicativa das accións concretas que se queren emprender e calendario de traballo.

-Orzamento detallado que se precisa.

-Certificación de non ter contraída ningunha débeda coa Xunta de Galicia.

-Certiticación de estar ó día nas abrigas fiscais e coa Seguridade Social.

-Acordo do órgano competente da entidade para solicita-la subvención.

-Se é o caso, autorizacións administrativas que se requiran para a realización da actividade.

Artigo 7.-

1.-As solicitudes deberán ser presentadas nos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natu

ral, ou ben na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.-O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado desde a data de entrada en vigo desta orde.

Artigo 8.-

1.-Unha vez recibidas as solicitudes, a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, logo de informe dos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural, propoñeralle ó conselleiro a relación de beneficiarios e proxectos atendibles.

2.-A Consellería de Agricultula, Gandería e Montes comunicaralles ós beneficiarios a contía da subvención aprobada, así como as condicións particulares que en cada caso procedan. No suposto de non recibir subvención tamén serán nolificados.

3.-Recibida a comunicación de aprobación, coas condicións técnico-ambientais que procedan, o beneficiario deberalle notificar, nun prazo de dez días hábiles, á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural a aceptación íntegra ou a non aceptación das ditas condicións. En caso de non manifestalo expresamente entenderase a conformidade con elas.

4.-En tanto o beneficiario non reciba aprobación definitiva dos proxectos presentados e das axudas concedidas, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes non asumirá as actividades autorizadas que estivesen xa iniciadas ou executadas.

Artigo 9.-

Con carácter xeral, os gastos de execución das accións subvencionadas serán xustificados documentalmente mediante facturas, contratos ou outros documentos. De xeito excepcional, e con motivación expresa, poderán calcularse os gastos mediante a valoración do número de unidades de obra realizadas e os prezos unitarios aprobados. En todo caso a Administración executará a inspección final das obras subvencionadas.

As subvencións someteranse en tódolos extremos ó previsio na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 10.-

Nas actividades divulgativas que se financien con cargo a estas axudas deberá consta-la colaboración da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, empregando os logotipos oficiais da imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

Artigo 11.-

Os investimentos obxecto de subvención deberán estar rematados e xustificados antes do 30 de setembro de 1995, salvo que a natureza das accións subvencionadas leve á Dirección Xeral á concesión dunha prórroga. En caso contrario o beneficiario non podará esixirlle á Xunta de Galicia o pagamento da subvención.

Artigo 12.-

As accións previstas na presente orde fnanciaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.04.342--A.782.00 por un importe tolal de 8.000.000 de ptas. (oito millóns de pesetas).

Disposición final

Primeira.-A percepción destas subvencións será incompatible coa doutras procedentes de distintas administracións para os mesmos fins.

Segunda.-En tanto non se publiquen os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1995, que no seu proxecto inclúen a dotación orzamentaria para estas axudas, as solicitudes de subvención serán tramitadas de conformidade e cos efectos contidos na orde da Consellería de Economía e Facenda do 2 de xuño de 1986 (DOG nº 18, do 19 de xuño de 1986), modificada pola orde do 18 de outubro de 1991 (DOG nº 229, do 26 de novembro de 1991).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1994.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes